Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de mayo de 2020

MENOS DE 1200 PACIENTES ACTIVOS EN GALICIA. 800 ALTAS EN 2 DÍAS

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 1.199, deles 277 son da área da Coruña, 77 da de Lugo, 209 da de Ourense, 62 da de Pontevedra, 352 da área de Vigo, 187 da de Santiago, e 35 da de Ferrol.
Dos doentes ingresados 18 permanecen en UCI, 94 en unidades de hospitalización e 1.087 con seguimento domiciliario. Nas últimas horas non houbo falecementos, polo que a cifra segue a ser de 606 persoas mortas con coronavirus.  En centros de maiores faleceron 132 persoas e outras 138 en hospitais e residencias integradas.
Xa recibiron a alta 9.155 persoas e xa se realizaron 125.832 probas de PCR diagnósticas.
.
Complétase a revisión no descenso de casos activos, de acordo coa última definición de caso publicada polo Ministerio de Sanidad de data 12 de maio, (cando se trate de probas diagnósticas que precisen confirmación por PCR non procedería abrir caso á espera do resultado de PCR). Procede deixar de considerar casos activos aqueles anteriores á devandita instrución nos que se comprobou que xa existe unha PCR negativa posterior á proba diagnóstica.
Outros seis usuarios e 12 traballadores curados en residencias Segundo o último balance da Consellería de Política Social, nas últimas 24 horas, nos centros sociosanitarios galegos (terceira idade e discapacidade) curáronse seis usuarios e 12 traballadores.

En dous días máis de 800 pacientes foron dados de alta, unha cifra tan extraordinaria como extrana.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.