A Delegación do Goberno trasladou á Xunta de Galicia a resposta do Ministerio de Política Territorial e Función Pública á consulta exposta polo Goberno galego o pasado luns, referida á aplicación do art. 5.2 da orde SND/380/2020, do 30 de abril, sobre as condicións nas que se pode realizar actividade física non profesional e as diferentes casuísticas para os núcleos de poboación inferiores a 5.000 habitantes.
Dita resposta, permite interpretar a Orde atendendo ao concepto de entidade colectiva de poboación como agrupación de entidades singulares, definidas á súa vez como unidade ou entidade intermedia entre a entidade singular de poboación e o municipio. Exemplo destas entidades colectivas de poboación que teñen unha marcada orixe histórica son as parroquias e concellos, entre outros.
Atendendo a esta lectura e ao compromiso do Goberno de España para levar a cabo o proceso de desescalada desde a cogobernanza coas CCAA, é o propio Goberno galego o que tiña que definir que núcleos de poboación axústanse a este criterio, para que llo comunique aos concellos interesados para que poidan axustar a aplicación da Orde sobre horarios.
A relación de 1.428 parroquias nas que pasará a haber liberdade de horario a partir de hoxe para saír a dar paseos e para facer deporte está exposta na seguinte ligazón.
Na seguinte lista podes comprobar que parroquias do salnés teñen liberdade de horario. Engadir tamén os dous concellos de menos de 5000 habitantes, esto é A Illa e Meis.
Dadas as dúbidas sobre os núcleos de poboación exentos das restricións de
mobilidade por franxas horarias, a Fegamp solicitou á Xunta de Galicia que aclarase de forma máis concreta os requisitos para o levantamento de ditas limitacións.
En resposta a petición, o Goberno autonómico traslada os listados, se ben delega nos alcaldes e alcaldesas a decisión de “manter as restricións nalgunhas parroquias de menos de 5.000 habitantes que non garden unha mínima separación cos cascos urbanos, ao ter sido absorbidos na práctica pola expansión urbanística. Do mesmo xeito, podería decidir a exención das suxeicións ás franxas horarias naqueles núcleos que, aínda pertencendo a
parroquias de máis de 5.000 habitantes, estiveran o suficientemente separados do resto da poboación”.



No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.