A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 3.187, deles 771 son da área da Coruña, 222 da de Lugo, 613 da de Ourense, 186 da de Pontevedra, 773 da área de Vigo, 475 da de Santiago, e 147 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 36 permanecen en UCI, 255 están en unidades de hospitalización e 2.896 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 6.075 persoas curadas.
A Consellería de Sanidade informou da morte dunha muller de 87 anos e un home de 74, ambos con patoloxías previas e ingresados no CHUF de Ferrol. Xa son por tanto 565 as defuncións por mor da enfermidade en Galicia.
A Consellería de Sanidade informou da morte dunha muller de 87 anos e un home de 74, ambos con patoloxías previas e ingresados no CHUF de Ferrol. Xa son por tanto 565 as defuncións por mor da enfermidade en Galicia.
Hoxe domingo 3 de maio reportáronse 65 casos novos de coronavirus en Galicia confirmados por PCR, facendo un total de 8967 contaxios confirmados por este test desde o inicio da pandemia. Aínda que onte foron menos, 54, trátase dun crecemento moi leve, de tan só o 0,73%, unha das menores porcentaxes de crecemento desde o inicio da pandemia.
Nas últimas 24 horas non se rexistraron falecementos en residencias. Nestes centros sociosanitarios, atópanse 617 usuarios con positivos activos (baixa ao 2,5% do total), por un total de 302 profesionais que tamén pasan a enfermidade nestes momentos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.