A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 920, deles 225 son da área da Coruña, 60 da de Lugo, 141 da de Ourense, 40 da de Pontevedra, 265 da área de Vigo, 161 da de Santiago, e 28 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 12 permanecen en UCI, 72 están en unidades de hospitalización e 836 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.607 persoas curadas, rexistrándose 610 falecementos.
O número de vítimas mortais do coronavirus en Galicia elevouse a 610 tras o falecemento dunha muller que estaba hospitalizada na área sanitaria de Santiago, segundo informou este venres a Consellería de Sanidade. Así, o último deceso notificado foi o dunha muller de 65 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), e que padecía patoloxías previas. Con esta morte elévase a 478 o número de falecementos rexistrados en atención hospitalaria en Galicia. Por áreas sanitarias, notificáronse 127 decesos na área da Coruña, 101 na de Ourense, 92 na área sanitaria de Vigo, outras 86 na área sanitaria de Santiago, 30 na área de Ferrol, 26 na de Lugo (dúas delas en atención domiciliaria) e 16 na área sanitaria de Pontevedra.
A estes falecidos hai que sumarlles as 132 persoas que morreron dentro das residencias de maiores da comunidade, onde non se notificaron novas vítimas desde hai dúas semanas. Con todo, hai que ter en conta que, dentro do cómputo de falecidos en atención hospitalaria, hai 139 persoas que estaban vinculadas con residencias.
Así, morreron con coronavirus en Galicia 271 persoas vinculadas con centros residenciais, o que supón o 44,4 por cento do total de falecidos con COVID na comunidade.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.