Durante a xornada unha persoa faleceu por coronavirus en Galicia. Trátase dun home de 86 anos que estaba ingresado no Chuo de Ourense e tiña patoloxías previas. Con el elévanse a 614 as vítimas mortais en Galicia desde que comezou a pandemia.
Así, a cifra de falecementos rexistrados en atención hospitalaria en Galicia elévase a 482 en todo o territorio.
Por áreas sanitarias, 128 producíronse na da Coruña, 103 na de Ourense, 92 na de Vigo, outras 87 na de Santiago, 30 na Ferrol, 26 na de Lugo (dúas delas en atención domiciliaria) e 16 na de Pontevedra.
A estas cifras hai que sumarlles as 132 persoas que morreron dentro das residencias de maiores da Comunidade, onde non se notificaron novas vítimas desde hai dúas semanas (en concreto desde o 7 de maio).
Con todo, hai que ter en conta que, dentro do cómputo de falecidos en atención hospitalaria, hai 139 persoas que estaban vinculadas con residencias.
Así, morreron con coronavirus en Galicia 271 persoas vinculadas con centros residenciais, o que supón o 44,3 por cento do total de falecidos con COVID-19 na Comunidade.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.