O día de hoxe xoves, 2 de abril cerra con 17 falecidos unha cifra igual a de onte e inferior a de antonte 20 e tamén igual a do luns. A media tarde o SERGAS daba conta de 8 novos falecidos. Tratábase de catro homes e unha muller de 74, 81, 80, 89 e 93 anos, respectivamente, que estaban ingresados no Álvaro Cunqueiro; un home de 75 anos ingresado no Lucus Augusti, e dúas mulleres de 87 e 86 anos ingresadas no HM Rosaleda e o CHUS, ambos en Santiago de Compostela. Con estas oito vítimas o cálculo en Galicia elévase a 138 mortos polo coronavirus.
Anteriormente os primeiros datos da mañán cifraban en nove as persoas que tiñan diagnosticado coronavirus, segundo informaba o Sergas. Tratábase de catro homes ingresados no Chuac, de 78, 87, 76 e 70 anos; un home de 80 e unha muller de 84 ingresados en Verín; un home de 82 ingresado en Montecelo; outro home de 87 no Lucus Augusti; e un último home de idéntica idade no CHUS.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.