Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de abril de 2020

ESTABILÍZANSE OS CONTAXIOS NA ÁREA PONTEVEDRA-O SALNÉS

O Sergas notifica que 384 persoas faleceron en Galicia a causa do coronavirus, das que 87 morreron en residencias e outros 81 usuarios destes centros perderon a vida en hospitais e residencias integradas. Do total de positivos, con 5.973 casos activos, apenas 34 máis que a véspera, 133 permanecen en UCI, 733 están hospitalizados e rexístranse xa 1.240 altas, tras realizarse 48.337 PCRs.

Na desagregación por áreas sanitarias non hai grandes novidades: segue A Coruña á fronte con 1.271 positivos, seguida de Ourense, con 1.187, e Vigo mantense en terceira posición con 1.077, cando foi durante moitos días a área máis castigada. A continuación, pasa o milleiro Santiago con 1.007, e máis lonxe Lugo con 590, Pontevedra con 504 e Ferrol con 337.


Polo que respecta a situación na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.hoxe hai tres casos activos máis por coronavirus o que fai subir a cifra a 504 persoas diagnosticadas fronte as 501 de onte.
Na Unidade de Coidados Intensivos hai tres pacientes menos, pasando de 15 a 12 as persoas que permanecen ingresadas nas UCI´s.
Pasouse de 60 a 57 o número de hospitalizados con tres novas altas que fai que sexan 117 os pacientes curados.
Os pacientes ingresados repártense entre os centros de Montecelo, 51, 5 no H. Salnés (=) e 1 no Hospital QuirónSalud (=), mentres que os restantes 447 afectados polo virus recupéranse nos seus domicilios.
Un día máis non hai ningún falecemento  por Covid-19, polo que é 12 o número de falecementos na área sanitaria.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.