Outros 9 falecidos en centros hospitalarios e un nunha residencia, 439 en total.
O Sergas notifica 9 novos falecementos por Covid-19 que elevan o total na Comunidade a 439. Trátase dunha muller de 89 anos no CHUS santiagués, un home de 65 e unha muller de 78 no CHUO de Ourense, unha muller de 67 en Povisa (Vigo), un home de 95 e outro de 86, ademais de dúas mulleres de 85 e 84 no CHUAC coruñés, todos con patoloxías previas; súmaselles unha muller de 90 anos, sen patoloxía de base, no Hospital de Verín (Ourense).
Incidencia por áreas sanitarias: A Coruña distánciase
A Coruña volve destacarse na desagregación de positivos de coronavirus por áreas sanitarias con 1.382 casos. Afástase de Ourense, con 1.200, Vigo, con 1.089, e Santiago, con 1.030. Lugo contabiliza 594, Pontevedra rexistra 507 e Ferrol, 345.
Máis de mil positivos en residencias, un novo falecido
En canto á incidencia en residencias, supérase o milleiro de positivos en usuarios, con 1.012 (+29), aos que se suman 424 profesionais. Rexístrase un novo falecemento, na residencia Santa Teresa de Jornet da Coruña, tras un balance, o da véspera, sen novos óbitos. En total, 96 persoas perderon a vida en residencias e 88 en hospitais e centros integrados; en total, 184. A taxa de contagios elévase lixeiramente, ata o 4,1%.
Segue caendo a presión asistencial e bo ritmo nas altas
Da desagregación de datos de afectación de Covid-19 de Sanidade apréciase que hai 115 pacientes en UCI (-2), 598 en unidades de hospitalización (-44) e 5.434 en domicilio. Ademais, rexistráronse 1.507 altas (+51) e 430 falecementos.
Practicáronse 60.258 PCR.
6.147 positivos, só 5 máis en 24 horas
A Consellería de Sanidade informa de que hai activos en Galicia 6.147 positivos de coronavirus, apenas 5 máis con respecto ao balance da véspera.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.