O coronavirus avanza incesantemente. Xa son máis de 11.000 os infectados en todo o Estado e, en tan só 24 horas, duplicáronse as mortes. O Estado de Alarma é, por tanto, algo máis que necesario e que se deberá seguir obrigatoriamente para non propagar máis o virus. En Madrid, o País Vasco e Cataluña, por exemplo, a pandemia é máis que evidente e as súas cifras superan todos os prognósticos. España supera a Corea e convértese no 4 páis do mundo por casos de coronavirus entre a sua poboación.
A curva da pandemia do coronavirus subirá de forma importante en dez días máis.
O director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, indicou que cada día están a rexistrarse un 25% máis de casos e que esta tendencia continuará uns días: «A epidemia aínda vai crecer uns cuantos días, non sabemos se serán tres, se serán dous ou se serán sete».
Na rolda de prensa, Simón explicou que os casos por coronavirus poderían chegar a superar exponencialmente o seu número en dez días máis, cando chegariamos a unha «importante cifra» de contagios no día pico da pandemia do coronavirus en España.
En Galicia en apenas 24 horas os casos de enfermos polo virus Covid-19 aumentaron en case 60 persoas máis, cando en días pasados non se chegaba a 30 enfermos máis por día.
O Sergas informa da afectación do coronavirus en Galicia con datos desagregados. Das 285 persoas infectadas na Comunidade, repártense por áreas da seguinte forma: 84 na Coruña, 26 en Lugo, 32 en Ourense, 37 en Pontevera, 49 en Vigo, 50 en Santiago e 7 en Ferrol. Deses pacientes, 9 están en UCI, 52 hospitalizados e 224 nos seus domicilios. O servizo galego de saúde fala de catro altas, polas sete das que informou o Mnisterio de Sanidade. Realizáronse xa 2.099 probas.
Casos positivos por coronavirus en España: 11.178
Madrid: 4.871
País Vasco: 765
Cataluña: 1.394
A Rioxa: 355
Comunidade Valenciana: 541
Andalucía: 683
Castela e León: 431
Canarias: 148
Castela-A Mancha: 662
Aragón: 207
Cantabria: 58
Asturias: 193
Baleares: 92
Estremadura: 153
Galicia: 292
Navarra: 313
Murcia: 97
Melilla: 17
Ceuta: 1
Casos falecidos en España: 491
Comunidade Valenciana: 13 (Valencia)
País Vasco: 36 (Biscaia, Áraba)
Madrid: 355 (Madrid)
Aragón: 12 (Zaragoza)
Cataluña: 18 (Barcelona)
A Rioxa: 5 (Logroño)
Estremadura: 3 (Cáceres)
Asturias: 1
Baleares: 1 (Mallorca)
Castela-A Mancha: 23 (Albacete, Ciudad Real, Cuenca, Toledo)
Castela e León: 12 (Salamanca, Burgos, León)
Andalucía: 11 (Málaga, Xaén, Granada)
Canarias: 2 (Gran Canaria, Tenerife)
Galicia: 3 (A Coruña, Pontevedra)
Navarra: 2
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.