Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de marzo de 2020

GALICIA REMATA O DIA CON 103 FALECIDOS POR COVID-19


O Sergas acaba de informar doutros seis óbitos, todos con patoloxías previas: dúas mulleres de 70 e 83 anos, e dous homes, de 83 e 69, ingresados no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, e dous homes de 86 e 53 anos ingresados, respectivamente, no Hospital Universitario de Ourense e o Hospital Público de Verín.
O final da tarde cerrábase con un total de tres novos falecidos que elevaban o total de victimas por coronavirus a 97. A Consellería de Sanidade informaba da morte de tres persoas: un home de 84 anos e unha muller de 73 ingresados no Hospital Público de Valdeorras e outro home de 77 que estaba a ser tratado o CHUS. Con eles a cifra total de vítimas en Galicia elévase a 97.

Os datos facilitados polo Sergas a primeira hora da mañán sinalaban o falecemento de oito pacientes que estaban infectados por coronavirus. Tratábase de tres mulleres de 92, 83 e 75 anos e un home de 92 que estaban todos eles ingresados no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo; un home de 81 anos ingresado no Hospital Montecelo; dous homes de 77 e 90 anos ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e un home de 71 anos ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. «Todos tiñan patoloxías previas», engade a Consellería. Galicia acumulaba naqueles intres 94 vítimas do Covid-19.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.