Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de marzo de 2020

A POLICÍA LOCAL INCREMENTA A VIXIANCIA SOBRE O CONFINAMENTO

A Policía Local de Cambados incrementará a vixiancia das medidas de confinamento decretadas baixo a declaración do estado de alarma reforzándose con medios técnicos.
Para elo utilizará dúas aeronaves da empresa Dronefactory SL, que colabora de modo altruísta co concello, pilotadas por persoal cualificado baixo a supervisión e dirección da Xefatura do Corpo Policial cambadés.
Os drons vixiarán diferentes parques como o Monte da Pastora (onde xa se denunciaron varias infraccións), Paseo Marítimo (dende Corvillón ata Santo Tomé), incluíndo zonas como O Espiñeiro e Torre de San Sadurniño, ademáis doutros espazos públicos.
Esta vixilancia aérea da Policía Local cambadesa súmase ós controis estáticos e dinámicos que se veñen facendo nas rúas.
Nos primeiros 16 días do estado de alarma, só no casco urbano foron identificadas 417 persoas e controláronse 2465 vehículos, co resultado de 21 persoas investigadas por presunto delito.
O Concelleiro de Seguridade Cidadá, Tino Cordal, solicita a colaboración da veciñanza “na concienciación da importancia que ten para a saúde colectiva cumprir as medidas de confinamento”, ao tempo que agradece o comportamento exemplar maioritario da cidadanía quedando nas súas casas.
Durante a primeira quincena do estado de alarma, a Policía Local de Cambados realizou controis a un total de 2.465 vehículos e identificou a 417 persoas, das que 21 foron denunciadas por incumprir as restricións de mobilidade.
Asimesmo, os axentes locais tamén están a realizar dispositivos en zonas de especial afluencia de persoas, con 126 dispositivos en farmacias e no Centro de Saúde, 112 nos centros de subministración como os supermercados e a praza de abastos, 28 dispositivos de custodia das infraestrutura de transporte viaxeiros na estación de autobuses e parada de taxis e 52 operativos nas entidades bancarias.
Tamén tiveron que atender durante estes 16 días un total de 620 chamadas por dúbidas e consultas da veciñanza de Cambados.
A maiores, a Policía Local de Cambados prestou a súa colaboración a dúas persoas que se atopan gardando corentena no mesmo domicilio por infección do COVID-19 trasladándolles a medicación que precisaban ao non dispor de outro medio para poder conseguila.
Por outra banda, a Unidade Militar de Emerxencias (UME) está patrullando hoxe as rúas de Cambados.
O Concello “agradece a súa axuda e colaboración nestes momentos tan difíciles, así como a de todos os corpos e forzas de seguridade do Estado, especialmente da Garda Civil, con quen existe xa unha longa experiencia de cooperación que o Concello valora moi gratamente”.

Nova recollida de Arousa Sí Radio


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.