O coronavirus avanza incesantemente. Xa son máis de 7.750 os infectados en todo o Estado e, en tan só 24 horas, duplicáronse as mortes. O Estado de Alarma é, por tanto, algo máis que necesario e que se deberá seguir obrigatoriamente para non propagar máis o virus. En Madrid, o País Vasco e Cataluña, por exemplo, a pandemia é máis que evidente e as súas cifras superan todos os prognósticos.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización de hoxe, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 189, deles 72 son da área da Coruña, 9 da de Lugo, 22 da de Ourense, 18 da de Pontevedra, 36 da área de Vigo, 27 da de Santiago, e 5 da de Ferrol.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización de hoxe, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 189, deles 72 son da área da Coruña, 9 da de Lugo, 22 da de Ourense, 18 da de Pontevedra, 36 da área de Vigo, 27 da de Santiago, e 5 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 8 permanecen en UCI, 33 están en unidades de hospitalización e 148 no domicilio. Por outra banda, rexistráronse xa as 4 primeiras altas de pacientes, no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña; e dous falecementos. O segundo falecemento foi dun home de 81 anos, con varias patoloxías, que se atopaba ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra, e que dera positivo importado na proba de coronavirus.
O número de PCR realizadas é de 1.390.
Uso do 061 para casos graves e emerxencias, e o 900 400 116 para dúbidas
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, que vén de ser reforzado con máis persoal, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número, pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.
Recomendacións
Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.
O Servizo Galego de Saúde informa de segundo falecemento dun paciente que deu positivo por coronavirus. Trátase dun home de 81, que estaba ingresado no hospital pontevedrés de Montecelo con varias patoloxías. De novo, trátase dun caso importado de coronavirus. Con esta morte, os casos recoñecidos de Covid-19 en Galicia fíxanse en 189 contaxiados.
O Servizo Galego de Saúde informa de segundo falecemento dun paciente que deu positivo por coronavirus. Trátase dun home de 81, que estaba ingresado no hospital pontevedrés de Montecelo con varias patoloxías. De novo, trátase dun caso importado de coronavirus. Con esta morte, os casos recoñecidos de Covid-19 en Galicia fíxanse en 189 contaxiados.
Casos positivos por coronavirus en España: 7.753
- Madrid: 3.544
- País Vasco: 630
- Cataluña: 715
- La Rioja: 300
- Comunidad Valenciana: 409
- Andalucía: 437
- Castilla y León: 292
- Canarias: 109
- Castilla-La Mancha: 401
- Aragón: 147
- Cantabria: 51
- Asturias: 137
- Baleares: 28
- Extremadura: 95
- Galicia: 195
- Navarra: 183
- Murcia: 71
- Melilla: 8
- Ceuta: 1
Casos falecidos en España: 288
- Comunidad Valenciana: 4 (Valencia)
- País Vasco: 22 (Vizcaya, Álava)
- Madrid: 133 (Madrid)
- Aragón: 7 (Zaragoza)
- Cataluña: 8 (Barcelona)
- La Rioja: 3 (Logroño)
- Extremadura: 2 (Cáceres)
- Galicia 2 (Vigo, Pontevedra )
- Asturias: 1
- Baleares: 1 (Mallorca)
- Castilla-La Mancha: 10 (Albacete, Ciudad Real, Cuenca, Toledo)
- Castilla y León: 9 (Salamanca, Burgos, León)
- Andalucía: 5 (Málaga)
- Canarias: 1 (Gran Canaria)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.