Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
22 de enero de 2020
UNHA CHAPUZA DO CONCELLO DE HAI 9 ANOS PODE COSTARNOS 100.000 EUROS AOS CAMBADESES
Hai uns días Aragunde laiábase polo asunto da gasoliñeira "low cost" de Corvillón e agora descubrimos que por un convenio suscrito polo seu governo, o Concello podería ser condenado a pagar preto de 100.000 euros.
Conta "Diario de Arousa" que "o xulgado do contencioso número 1 de Pontevedra acollerá o próximo día 17 o xuízo de Promocións Surgasa contra o Concello de Cambados en reclamación de 97.000 euros dun convenio urbanístico asinado en 2011 para abrir a Rúa Sabugueiro, onde construíra un edificio. O acordo subscrito entre os seus administradores e o goberno de Luís Aragunde contemplaba que cedían terreos para abrila e a cambio a administración local executaba as obras e preocupábase de que os donos de leiras lindeiras abonáselle esa cantidade en concepto de compensación, porque tamén se beneficiaban, ademais de asumir a súa débeda no caso de que non pagasen no prazo de cinco anos, como finalmente sucedeu". Cinco anos para hipotecar a futuros governos.
O governo de Aragunde tivo máis de tres anos para pagar e despois reclamar aos veciños. Pero coma sempre, "ti vai facendo".
Dáse o paradoxo de que a pesar do investimento público e de asumir esta responsabilidade, hai terreos da rúa que seguen en mans da promotora e sobre eles pesan ata tres embargos por débedas.
A mercantil nunca chegou a recibir o diñeiro deses particulares, que non consta que participasen activamente na firma do convenio.
A urbanización debía corresponderlle á promotora do edificio, como sucede con outros proxectos, ademais de criticar que o goberno do PP aceptase as condicións contempladas no acordo.
O exregidor, en declaracións a "Diario de Arousa", defendeu a operación como a mellor fórmula para contar cun vial necesario nese punto, pois supón un desafogo para a Avenida de Vilariño e antes da obra era un camiño de terra que no inverno se convertía nunha lameira.
A desculpa de abrir esa rúa para desconxestionar o tráfico da av. de Vilariño é moi pobre, sabendo que a escasos metros hai unha rúa que sí actúa como desconxestionadora desde hai moitos anos, a rúa Barcelona.
A verdadeira razón de abrir esa rúa era o interese da empresa en urbanizala para vender os pisos do edificio que construíra que é o que se fai nestes casos.
Esto recorda ao caso dunha obra en San Tomé onde a promotora quería que o concello expropiase terrenos a uns veciños para non perder nin un metro e facer un edificio sen contraprestacións para Cambados. Nese caso os veciños ameazaron con mobilizacións e todo quedou parado. Era tamén momento electoral i eso axudou aos veciños.
Moito nos tememos que este non sea o último caso que amosa que o PP e Aragunde non están en disposición de dar clases de nada a ninguén.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.