Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
20 de diciembre de 2019
OS SOBREVIVENTES DO "SIN QUERER DOS" DEBEN SER READMITIDOS OU INDEMNIZADOS
No día de onte os oito mariñeiros que denunciaran a armadora de forma conxunta coñeceron a sentenza.
O Xulgado do Social número 2 de Pontevedra ordenou a readmisión ou no seu caso a indemnización dos oito tripulantes despedidos unha semana despois do naufraxio pola armadora do Sin Querer 2. A sentenza condena a empresa armadora a indemnizacións que van de entre 1.300 para os mariñeiros aos que se acredita menor antiguedade e 9.600 euros para os que máis tempo levaban na empresa, no caso de que a naviera do Sen Querer Dos non reincorpore aos traballadores a a empresa.
En principio ningunha das dúas partes está dacordo coa sentenza polo que casi seguro ámbalas duas partes presentarán recursos. Os mariñeiros teñen ao seu favor a sentenza dun caso anterior no que un compañeiro levara a pleito tamén a armadora e a sentenza fora moito máis contundente contra a armadora.
O Xulgado do Social número dous de Pontevedra celebrara o 22 de xullo pasado a vista do xuízo polo despedimento de 8 dos sobreviventes do barco Sin Querer Dos por parte da empresa armadora. O pesqueiro afundírase o 19 de decembro do pasado ano fronte ás costas de Fisterra deixando tres tripulantes mortos e un desaparecido por causas aínda sen aclarar que investiga un xulgado de Corcubión, A Coruña. Este xuízo sumábase ao celebrado en maio pola reclamación presentada por outro dos tripulantes mentres dous máis se atopaban pendentes de celebración nesas datas de xullo, como consecuencia dos despedimentos realizados pola empresa armadora tras o afundimento que afecta á totalidade da tripulación do barco, a maioría a bordo no momento do sinistro. Nun comunicado difundido polos mariñeiros afectados días antes, no súa maior parte veciños de Cambados, estes acusan de “desatención” aos propietarios do buque afundido fronte ás costas galegas. “Como tripulación do barco Sin Querer Dos, queremos expresar noso reproche á actitude que mantén a empresa armadora, con absoluta independencia e respecto á tramitación e resultado dos procedementos xudiciais en trámite”, sinalan os mariñeiros. “Desde o luctuoso e fatídico accidente, cuxas circunstancias son obxecto de investigación por un Xulgado de Corcubión, a actitude da entidade armadora foi de total desatención con toda a tripulación”, afirman. Os sobreviventes do accidente lamentabann a actitude da empresa para a que traballaban a cal, ademais dos despedimentos da totalidade da tripulación enrolada no barco sinistrado pero que non ía a bordo o día do accidente, denuncian que a compañía “mostrou unha negativa constante a facilitar documentación debidamente solicitada para analizar e estudar posibles compensacións económicas que puidesen corresponder aos mariñeiros”. No mesmo comunicado, os sobreviventes do cerqueiro con base en Portonovo tamén lamentabann que a compañía armadora "nin sequera sumouse ás diversas homenaxes que se organizaron en recordo ás catro vítimas do accidente: o patrón Manuel Serén, e os tripulantes Teófilo Rodríguez, Bernardino Padín e Guillermo Casáis". O último deles foi con motivo da procesión da Virxe do Carmen patroa dos mariñeiros. Sobre as causas do súbito naufraxio baralláronse diversas hipóteses sobre as que traballaron técnicos da Comisión Permanente de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos. A posibilidade dun golpe de mar ou varios encadeados foi a primeira conxectura que xurdiu tras a traxedia. Descartáronse, con todo, a falta de estabilidade do barco ou que este impactase contra unha roca. Mañán sábado celebrarase un funeral conxunto con motivo do primeiro aniversario do falecemento dos catro veciños de Cambados. O Salón Multiusos de Peña acollerá acto a partir das seis da tarde que se agarda sexa multitudinario.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.