A Apalpadora e O Apalpador
Esta actividade organízase por quinto ano consecutivo ao abeiro do programa ‘Nadal en Galego' do servizo de Lingua. A deputada nacionalista de Lingua, María Ortega, destacou a importante transmisión de valores que realizan Apalpador e Apalpadora en relación á transmisión oral do rural, á dinamización do idioma, á posta en valor do monte e o respecto polo medio ambiente, ao coidado do ecosistema e das especies autóctonas evitando os incendios, así como ao traballo transversal en materia de compostaxe, reciclaxe e hábitos saudables.
As figuras do Apalpador e a Apalpadora irán acompañadas de música, refráns, anécdotas e bailes, así como dun burro de madeira que farán que crianzas e maiores gocen dun momento alegre, entretido e proactivo propio do Nadal galego.
As actuacións (ver calendario adxunto) repartiranse entre o día 20 e o 31 de decembro –a excepción do día de Nadal- en diferentes horarios e localizacións, preferentemente en lugares ao aire libre se o tempo acompaña. Na comarca de Pontevedra serán cinco as visitas (Pontevedra, Barro, Ponte Caldelas, Campo Lameiro e Poio), na comarca de Vigo outras cinco (Oia, Soutomaior, Baiona, Gondomar, e O Porriño), na comarca do Salnés serán seis (Illa de Arousa, Cambados, Vilagarcía, O Grove, Sanxenxo, e Ribadumia), na comarca do Deza-Tabeirós catro (Cuntis, Lalín, Silleda, e Rodeiro), cinco na comarca do Condado Paradanta (Mondariz, As Neves, Covelo, Ponteareas, e Mondariz Balneario), catro na comarca do Morrazo (Bueu, Moaña,Cangas, e Vilaboa), tres na comarca de Caldas (Caldas, Valga e Catoira) e catro no Baixo Miño (Salceda, Tomiño, O Rosal, e Tui).
Programación 2019
Venres 20 de decembro
- 10:30 h Pontevedra. Centro Príncipe Felipe
- 12:30 h Barro. CEIP Amor Ruibal
Sábado 21 de decembro
- 12:00 h A Illa de Arousa. Praza do Concello
- 17:00 h Cambados. Parque de Torrado
- 19:00 h Vilagarcía de Arousa. Rúa do Alcalde Rey Daviña, fronte á casa da cultura (se chove, no auditorio municipal)
Domingo 22 de decembro
- 12:00 h Ponte Caldelas. Alameda (se chove, no centro cultural)
- 17:00 h Mondariz. Biblioteca Municipal Xoán Xosé Pérez Labaca
- 19:00 h Salceda de Caselas. Praza do Concello (se chove, na casa da cultura)
- 12:00 h Tomiño. Mercado municipal
- 17:00 h O Rosal. Praza do Concello (se chove, na sala de exposicións do Concello)
- 19:00 h Oia. Praza da parroquia de Mougás (se chove, no centro cultural)
Luns 23 de decembro
- 12:00 h Bueu. Centro Social do Mar
- 17:00 h Moaña. Parque infantil da praza de abastos (se chove, no alto da praza)
- 19:00 h Cangas. Praza da Constitución (se chove, na Casa da Xuventude)
Martes 24 de decembro
- 17:00 h Cuntis. Praza das Árbores (se chove, na casa da cultura)
- 19:30 h Lalín. Carpa de Nadal (sobre o aparcadoiro Europa)
Mércores 25 de decembro
- 12:00 h As Neves. Praza do Concello (se chove, no mercado municipal)
- 17:00 h Covelo. Praza Mestre Cerviño (se chove, no auditorio municipal)
- 19:00 h Ponteareas. Praza Maior
Xoves 26 de decembro
- 12:00 h Caldas de Reis. Praza das Palmeiras (se chove, no auditorio municipal)
- 17:00 h Valga. Auditorio municipal
- 19:00 h Catoira. Avenida Eloy Domínguez (se chove, na biblioteca pública municipal)
Venres 27 de decembro
- 12:00 h Tui. Edificio Francisco Sánchez, Área Panorámica
- 17:00 h Soutomaior. Alameda Talo Río (se chove, no multiusos)
- 19:00 h Mondariz-Balneario. Sala de cultura do Concello
Sábado 28 de decembro
- 12:00 h O Grove. Rúa Castelao (se chove, na casa do concello)
- 17:00 h Sanxenxo. Carpa de Nadal da praza dos Barcos
- 18:30 h Ribadumia. Centro social de Barrantes
Domingo 29 de decembro
- 12:00 h Baiona. Praza do Concello
- 17:00 h Gondomar. Praza Paradela (se chove, no auditorio)
- 19:00 h O Porriño. Praza do Concello (se chove, nos soportais do concello)
Luns 30 de decembro
- 12:00 h Poio. Centro Cultural Xaime Illa
- 17:00 h Vilaboa. Casa da cultura de Riomaior
- 19:00 h Campo Lameiro. Centro Sociocultural Sobrino Buhigas
Martes 31 de decembro
- 13:00 h Silleda. Praza Juan Salgueiro
- 17:00 h Rodeiro. Centro Cultural Manuel Lamazares

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.