O Clube Atletismo Cambados Seguros Noval abreu xa a inscrición da sexta edición da San Silvestre Solidaria Cambados que organiza en colaboración co Concello de Cambados.
A carreira coa que cada 31 de decembro, a solidariedade mistúrase co deporte e a diversión mobiliza a veciños para participar na carreira, a cambio de entregar xoguetes ou un quilo de alimentos non perecedoiros ou produtos de limpeza e de hixiene persoal para o banco de alimentos dos Servizos Sociais do Concello. Estes productos serán despois repartidos entre as familias e veciños máis necesitados.
A San Silvestre Solidaria Cambados ten catro categorías, con diferentes distancias polo casco urbano cambadés. Para os máis pequenos (de 3 a 7 anos) 100 metros, con saída ás 16.40 horas.
Para os nenos de entre 8 e 10 anos, 400 mts e a saída sobre ás 16.50hrs.
A partires das 17hras será o turno dos participantes de entre 11 e 13 anos cun percorrido de 800 metros .
Para os participantes de 14 a 17 anos e os maiores un recorrido de catro quilómetros a partir das 17.30 horas.
A organización limita a participación a 700 atletas na maior categoría e a 350 no conxunto das outras tres. Os interesados poderán anotarse ata o día 27, ás 23.59 horas, na páxina web www.galitiming.com
Os maiores pagarán 2 euros por inscribirse.
E premios para os máis pequenos participantes da San Silvestre Solidaria de Cambados..... os mellores disfraces das carreiras infantis, terán como premio un vale que poderán canxear en librerías, xogueterías e tendas de deporte asociadas á Cambados Zona Centro.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.