O arquitecto cambadés ven de recibir o premio outorgado polo seu traballo a principios de mes.
As delegacións de Pontevedra, Vigo e Ourense do Colexio de Arquitectos de Galicia entregaron onte os Premios Gran de Area de Aportación á Arquitectura 2019. Estes galardóns son unha aposta da entidade colexial nas provincias de Pontevedra e Ourense como recoñecemento ao traballo de arquitectos, promotores, construtores e aparelladores. Nesta edición presentáronse 75 proxectos.
Os proxectos premiados foron a rehabilitación da Rúa Ferrería 8 en Vigo; a caseta de Navaliber en Navalia 2018; a reforma da Clínica Javier Fernández Ulloa en Colón 3 de Vigo; unha vivenda unifamiliar na Urbanización Pazo de Ramirás, 39 de Ourense; a restauración de la Fuente da Torre en Caldas de Reis; a rehabilitación dun centro de actividades de montaña en Frinxo, Tui; unha vivenda unifamiliar en Cortiñas de Abaixo, Corbillón-Cambados, de Francisco Galiñanes Chaves; ; o Edificio Faraday da Etea de Vigo; a reforma interior dun piso en Marqués de Valladares, Vigo; unha vivenda unifamiliar A Guarda; a Casa para un artista na rúa Vista Alegre de Vigo, o parque arqueolóxico de Campo Lameiro; a rehabilitación de vivenda tradicional en Pontevedra; e Zenvisión en Tui.
Deseguido podes ver a lista de premiados e enlaces para ver cada obra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.