A liberación do Segundo Dividendo Dixital é un proceso consistente na reorganización e abandono dalgunhas canles nas que se está a emitir a TDT na actualidade para deixar libre a banda de 700 MHz (frecuencias entre 694 Mhz e 790 MHz), necesaria para os novos servizos de banda larga (5G).
Este proceso debe estar rematado a máis tardar o 30 de xuño de 2020 (Decisión (UE) 2017/899 do Parlamento Europeo e do Consello).
En xuño de 2019 publicouse o Real Decreto 391/2019 polo que se aproba o novo Plan Técnico nacional da TDT (PTNTDT) e se regulan determinados aspectos para a liberación do Segundo Dividendo Dixital (2DD).
Este Real Decreto define as Áreas xeográficas nas que se divide o país, en canto ao uso das canles radioeléctricas asignadas aos prestadores do servizo de comunicación audiovisual televisiva, e identifica os concellos pertencentes a cada área xeográfica.
Ademais, recolle as canles radioeléctricas asignadas aos 8 múltiplex dixitais de cobertura estatal e autonómica, en cada unha das Áreas xeográficas
En setembro de 2019 comezaron as novas emisións nos primeiros centros emisores, despregando as novas canles de emisión, e de forma progresiva iranse acendendo as novas canles no resto de centros afectados. Realizarase simulcast (emisións de forma simultánea na nova canle e a antiga) nos centros máis relevantes. Antes do 30 de xuño de 2020 deberá producirse o cesamento das emisións das canles na banda de frecuencias 694-700 MHz (liberación do segundo dividendo dixital).
Na zona da Guarda o inicio deste proceso está marcado para o primeiro trimestre de 2020.
A liberación da banda de 700 MHz implica que as canles que actualmente ocupan a devandita banda desprazaranse a outra parte do espectro radioeléctrico. Isto requirirá a adaptación das infraestruturas de recepción colectiva nalgúns edificios. Esta adaptación dependerá do número de múltiples que empregan a banda de 700 MHz en cada unha das áreas xeográficas.
¿Qué teño que facer?
As adaptacións necesarias que terán que facer os cidadáns para non perder a oferta televisiva:
- Actuación dun instalador rexistrado de telecomunicacións nos edificios de vivenda con:
- Centraliña programable
- Amplificador monocanle
(Non será necesario realizar adaptación nas vivendas que teñan instalado amplificadores de banda larga, como por exemplo vivendas unifamiliares ou edificios comunitarios de menor tamaño)
- Resintonización dos televisores en todas as vivendas unha vez que finalicen os simulcast.
O custo das actuacións necesarias para a adaptación estará subvencionado. O 21 de xuño de 2019 aprobouse o Real Decreto polo que se conceden subvencións para as actuacións nos sistemas de recepción do sinal de TDT nas edificacións afectadas polo segundo Dividendo Dixital. A contía da subvención oscila entre 104,3€ e 677,95€, en función dos cambios precisos para a adaptación. A solicitude de axudas realizarase online a través da sede electrónica do Ministerio de Economía e Empresa, ata o 30 de setembro de 2020 trala realización da adaptación das instalacións de recepción do sinal da TDT.
Para máis información pode consultar na web http://www.televisiondigital.es ou nos teléfonos 901 201 004 910 889 879
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.