Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de octubre de 2019

UNHA MULLER MOI GRAVE TRAS CAIR DESDE UNHA ALTURA DE TRES METROS


Unha muller resultou ferida despois de precipitarse dende unha primeira planta no lugar de Laxe, no concello de Cambados.
Ao fío das 17:30 horas da tarde de hoxe, o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular que solicitaba axuda para unha muller que caera dunha altura de aproximadamente tres metros mentres trataba de mover unhas caixas.
De inmediato, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos servizos sanitarios que mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Ourense para atender á ferida.
A muller de 44 anos, R.M.V., foi trasladada ao Hospital Juan Canalejo da Coruña en estado moi grave con trauma occipital e lumbar e sen sensibilidade de cintura para abaixo.
Ademais, co obxectivo de prestar apoio ao equipo médico do 061-Urxencias Sanitarias, desde o 112 Galicia pediuse a colaboración dos axentes da Garda Civil e da Policía Local, así como dos membros de Protección Civil de Cambados.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.