Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de septiembre de 2019

O CAMBADÉS ROBERTO NÚÑEZ ACADA UN NOVO PREMIO INTERNACIONAL


O cambadés Roberto Núñez ven de ser galardoado na 60ª edición dos premios americanos de deseño Communication Arts Design Annual 2019, polo packaging do viño ‘‘Observador’’, de Adega Davide. Segundo o propio Núñez: "É unha alegría ver como un pequeno gran cliente comparte protagonismo con marcas como Netflix, Adobe, Nike ou Apple, entre outras".
O director creativo cambadés Roberto Núñez, con estudo en Barcelona, resultou premiado cun bronce na categoría de Packaging polo proxecto ‘’Observador’’, un viño de Adegas DAVIDE, pertencente á D.O. Rías Baixas. O publicista mostrábase moi emocionado con este galardón. ‘’Estou moi contento por David Acha e polo seu soño; o rebranding que estamos realizado á súa marca está a permitir conseguir os obxectivos comerciais e de imaxe que nos marcamos desde un principio. Convertemos a unha pequena adega como é Davide nun referente. Cando tes un cliente que confía en ti e entende o valor da estratexia e a creatividade, todo é posible.’’ ‘‘Observador’’, é un viño premium de edición limitada que ten a súa orixe nunha forma moi persoal de traballar, analizar e entender a natureza, nomeada como ‘‘Viticultura Reflexiva’’.

O packaging conceptualiza a idea de Observador. Un texto gravado na base da botella, que tan só uns poucos consumidores chegarán a ver, faio posible. Este é o seguinte: »O Observador deixa voar o seu instinto cara a horizontes invisibles á razón. Alí, atopa o que outros non ven».
Con este proxecto Roberto Núñez Studio segue sumando éxitos en diferentes ámbitos da comunicación: estratexia, campañas de publicidade, branding, packaging, web, etc. O premio LAUS súmase ao histórico D& AD Awards conseguido recentemente en Londres por ‘’ Perfeccionista’’, outro viño de Adegas Davide. Sobre os premios Laus Os Premios LAUS naceron en 1964, e foron creados pola ADG- FAD, unha asociación que marcou un novo rumbo para o grafismo español, e que posibilitou en gran medida a internacionalización do deseño nacional. 55 anos máis tarde, os premios LAUS convertéronse no termómetro que mide a excelencia do deseño e da comunicación publicitaria de España. Todos os galardoados na 49º edición do os Premios LAUS formarán parte do anuario ADG LAUS 2019, o libro de referencia para o sector da comunicación visual.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.