Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
16 de septiembre de 2019
A XUNTA ASEGURA QUE O IES CABANILLAS RECUPERARÁ A NORMALIDADE O VINDEIRO LUNS
Máis de 148.000 mozos iniciaron as clases en educación secundaria, bacharelato e ensinos de réxime especial este luns, nunha xornada marcada pola normalidade e na que non se rexistraron incidencias que dificultasen o regreso ás aulas.
A Consellería de Educación, Formación Profesional e Universidade destacou a ausencia de incidentes na xornada. Únicamente, o IES Ramón Cabanillas de Cambados rexistrará un regreso ás clases máis graduado debido ás obras de mellora que se realizan no centro, e as aulas iranse retomando progresivamente ata o vindeiro luns.
Dende o centro aseguran que os primeiros alumnos volverán as aulas o xoves e se as obras o permiten, o resto incorporarase o venres.
Da visita do pasado venres ao centro, por parte dos técnicos da Xunta e directivos non hai constancia, o que reflicte que as dudas sobre o comezo das clases non era infundado.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.