Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de agosto de 2019

ANTÍA VERES GAÑADORA DA XVIII EDICIÓN DO PREMIO PLÁCIDO CASTRO DE TRADUCIÓN

A alcaldesa Fátima Abal sentiuse moi orgullosa de poder presentar este evento nunhas datas tan sinaladas como son estas da Festa do Albariño. 
Este ano a gañadora foi Antia Veres Gesto, pola tradución da obra de Willa Cather (1873-1947) coa súa novela (A Lost Lady ou Unha Muller Perdida). 
A alcaldesa Fátima Abal agradeceu o poder presentar o acto onde se coñeceu o fallo do xurado do XVIII edición Premio Plácido Castro de Tradución. 
Fátima Abal aproveitou a súa presentación para resaltar o gran traballo que están a realizar con este premio a presidenta Susi Castro, o Secretario do Xurado Xulio Ríos e a Roque Durán que asistiu en representación da Adega Terra de Asorei, e agradeceu novamente que contasen con ela para realizar a presentación dun acto, onde a alcaldesa fixo súas unhas palabras de Plácido Castro “ Non hai en todo o ano galego, día tan sinalado, non terreo puramente humano, como o día dá Festa do Albariño en Cambados” 
Este ano a gañadora foi Antia Veres Gesto, pola tradución da obra de Willa Cather (1873-1947) coa súa novela (A Lost Lady ou Unha Muller Perdida). 

O xurado estivo formado por: Olga López (Xunta de Galicia), Fernando Moreiras (Asociación de Tradutores Galegos), Ana Luna Alonso (Universidade de Vigo), Victor Caamaño (Fundación Plácido Castro), Xulio Rios ( IGADI) e Xosé Luís Franco Grande (Real Academia Galega). 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.