Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de agosto de 2019

A XUNTA VOLVE A MOFARSE DOS CAMBADESES




A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar visitou esta mañá, acompañada de Samuel Lago, Concelleiro de Obras e Servizos e Cores Tourís delegado da Xunta en Pontevedra, o IES Ramón Cabanillas de Cambados, onde o seu departamento vai acometer obras de rehabilitación integral ao abeiro do anticipo de tesourería aprobado no Consello da Xunta para axilizar a licitación das obras con cargo ao superávit de 2018.
Cun investimento de 1.008.525,54 euros, a previsión é que os traballos queden executados este mesmo ano. A día de hoxe a Consellería aínda non ten notificación do outorgamento da licenza municipal, que foi solicitado o 17 de abril deste ano, polo que o curso das obras pode quedar comprometido como consecuencia desta demora por parte do Concello.
Demora que non é tal posto que tardaron máis de tres meses desde a Xunta en subsanar unha serie de defectos no proxecto. A esto hai que engadir que a obra foi concedida á empresa encargada nos primeiros días de xullo, polo que a Xunta outra vez volve a enganar a os cambadeses ao querer culpabilizar ao Concello de cambados dos erros cometidos desde a administración autonómica. 
En calquera caso a Consellería traballa para garantir a seguridade dos membros da comunidade educativa durante o tempo no que a actividade lectiva se compatibilice coas obras, dado que os traballos de maior envergadura se realizarán fóra do horario escolar e os que se acometan dentro del faranse baixo as máximas precaucións.
Tal e como sinalou a titular do departamento educativo da Xunta de Galicia, a rehabilitación integral deste IES permitirá acadar un aforro do 74,60% no consumo de enerxía primaria non renovable e do 81,60% en emisións de CO2. Para iso, farase unha nova sala de caldeiras, na que se cambia o sistema actual de dúas salas de caldeiras de gasóleo por un novo sistema de caldeiras-tándem de biomasa de alta eficiencia e renovaranse as cubertas das distintas alas da edificación, ben con nova cuberta de tella curva ou con láminas bituminosas.
Así mesmo, illarase a fachada polo exterior mediante sistema SATE, colocaranse novas fiestras de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo e instalaranse luminarias de alta eficiencia enerxética, con equipos de regulación lumínica e detectores de presenza na planta baixa, así como en corredores e aseos das plantas primeira e segunda.
A maiores, a actuación programada inclúe a colocación de falso teito na planta baixa e o pintado dos paramentos que se atopen en mal estado.

STEMBach

Carmen Pomar aproveitou a súa visita ao centro para interesarse polo avance da implantación do STEMBach, o Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía posto en marcha pola Consellería no curso 2018/19 como unha iniciativa pioneira ao abeiro da Estratexia Galega para a Educación Dixital, Edudixital 2020. O IES Ramón Cabanillas foi un dos primeiros 15 centros de ensino galegos en sumarse a esta iniciativa, cunha ducia de alumnas e alumnos implicados.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.