Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de agosto de 2019

A FESTA DO ALBARIÑO MÁIS INTERNACIONAL BATE TODOS OS RÉCORDS DE ASISTENCIA CON MÁIS DE 250.000 ASISTENTES



  • Máis de 250.000 persoas participaron na LXVII do Albariño nestes días
  • A festa pecha un ano histórico sen incidencias de relevancia                     
A alcaldesa Fátima Abal e o tenente alcalde Tino Cordal ratificaron esta mañan o que xa se observaba ao longo destes días na Festa do Albariño, e tras consultalo coas autoridades, estas estiman que nestes días de Festa visitáronnos máis de 250.000 persoas sendo os días de máis afluencia o venres e o sábado, como era de esperar

O Governo Local, quere agradecer novamente o civismo dos visitantes durante todos estes días e celebra moi positivamente que os incidentes fosen mínimos, aínda que como decía a alcaldesa “aínda nos queda moito por traballar e mellorar esta festa que cada ano é máis multitudinaria, xa que aínda que reforzamos tanto os servizos hixiénicos e de limpeza instalando un total de 3 casetas de baños, máis un reforzo de 40 baños químicos colocados en varios puntos de afluencia masiva e facendo máis baldeos das rúas para unha limpeza óptima nas que se utilizaron 3 motobombas de baldeo, 3 varredoras mecánicas e sopladores que estiveron baldeando e limpando as zonas de máis afluencia e durante os próximos días continuarase con este traballo ata que todas as rúas queden en perfecto estado.
Pero todo isto aínda se antolla insuficiente e xa se está a traballar para que na próxima edición dispor de máis papeleiras e colectores (na que nesta ocasión instaláronse un total de 75 colectores máis de orgánico, 15 de vidro e colectores de entullo) e que con este crecemento de visitantes está claro que necesitamos incrementalos, e instalásense carteis informativos para concienciar aos mozos da necesidade de depositar as botellas, os vasos, copas e plásticos nos mesmos, conseguindo ter un Cambados máis limpo e transitable, asemade que evitaremos moitos dos accidentes que se producen por cortes.
A alcaldesa quixo facer fincapé no gran traballo realizado polos concelleiros do seu equipo de goberno, os cales conseguiron como xa dicía anteriormente non só reforzar a limpeza e a seguridade, que nesta ocasión contaron con máis de 50 operarios entre municipais e da empresa Urbaser , senón que tamén a instalación da barreira anticontaminación foi todo en éxito unha iniciativa proposta por Enol Ruiz e Diana Otero, que ao goberno pareceulle excelente como unha nova iniciativa para protexer o Medio Ambiente , pola cal puideron recoller centos de quilos de refugallos que por un motivo ou outro chegarían ata o mar.
A alcaldesa gran defensora dos dereitos da muller agradece enormemente o traballo desempeñado desde o Punto Morado, onde desde o primeiro momento estiveron traballando vinte voluntarias e voluntarios en total coordinación coa Garda Civil e a Policía Local, nos que ao longo destes días entregaron máis de 5.000 pulseiras, 5.000 fyers, 5.000 adhesivos e nas que atenderon todo tipo de incidencias, sendo tamén un posto disuasorio que conseguiu o mércores e o domingo non houbese ningunha incidencia.
Fátima Abal tamén fixo unha mención especial de agradecemento á implicación de todas as administracións, colaboradores e patrocinadores que fan posible que esta festa sexa todo un éxito.
O custe total da festa sitúase en torno aos 395.000 euros, cuns ingresos de máis de 195.000 euros entre patrocinios, taxas e as subvencións doutras institucións que este ano foron maiores por ser Festa de Interes Internacional.
Concretamente, a Xunta aportou 50.000 euros, a Deputación 37.000, patrocinios 26.000 e ingresos por taxas máis de 81.000
A maior parte do gasto, 240.000 euros, foi destinado á trintena de actividades e eventos organizados, sobre todo a partida destinada aos concertos. Entre eles destacan os de Luz Casal 50.000 euros, Mala Rodríguez 42.000, Cristina Rosenvinge e Javier Mena 26.000 e Siniestro Total 18.000.
En limpeza destináronse 33.000 euros e a outros gastos 87.000.
En canto ao Xantar, acudiron 550 persoas, das que 240 pagaron os seus cubertos, e o resto, 310, foron invitados.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.