Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de julio de 2019

UN MERGULLADOR MORTO E OUTRO FERIDO EN DOUS ACCIDENTES EN SANXENXO


Un mergullador faleceu e outro resultou ferido leve en senllos accidentes rexistrados en Punta Cabicastro, Sanxenxo

Un mergullador perdeu a vida e outro resultou ferido de carácter leve en senllos accidentes rexistrados esta tarde en Punta Cabicastro, Sanxenxo.
Ambos os dous practicaban pesca submarina cando a vítima mortal foi alcanzada por unha embarcación e o outro mergullador feriuse levemente cun arpón.
O 112 Galicia recibiu os dous avisos a un tempo, ao fío das seis desta tarde, a través de varias persoas que navegaban pola zona e dos equipos de Salvamento Marítimo. Decontado, avisouse aos profesionais sanitarios, xa que a persoa que fora alcanzada pola embarcación atopábase en parada cardiorrespiratoria sobre unhas rochas en Punta Cabicastro, na parroquia de Portonovo.
Alí acudiu un equipo do 061-Urxencias Sanitarias a bordo dunha UVI Móbil, mentres que unha asistencial dirixíase a atender ao mergullador que na mesma zona cravou un arpón. Con todo, os profesionais sanitarios nada puideron facer por salvar a vida do primeiro, que no momento do accidente realizaba pesca submarina xunto cun compañeiro. Trátase dun vilagarcián de 36 anos. A lancha deuse á fuga.
Pola súa banda, o mergullador ferido levemente co arpón saíu da auga polos seus propios medios e incluso rexeitou ser evacuado en ambulacia para dirixirse el mesmo ao Punto de Atención Continuada da localidade. 
Cómpre sinalar que este operativo contou en todo momento coa participación do Grupo Supramunicipal de Emerxencias, así como dos axentes da Garda Civil e da Policía Local.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.