Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de julio de 2019

O BNG QUERE ACLARAR ASPECTOS DA PRESENTACIÓN DA FESTA DO ALBARIÑO


Outra oportunidade perdida 
Hoxe correspondía presentar no Concello de Cambados a nova edición da Festa do Albariño, a primeira vez en 67 anos que dito evento acada a cualificación de Interese Internacional. Calquera goberno serio aproveitaría a oportunidade para poñer en valor un dos grandes logros do anterior mandato municipal. Lonxe diso, o visto hoxe no Salón de Plenos evidencia a verdadeira realidade neste Concello: 
- Un grupo, Somos Cambados, bocazas e prepotente. 
- Unha Alcaldía, do PSOE, que asiste impasible e sen nada que dicir a tal despropósito. 
É ben sabido que o Tenente de Alcalde, en canto ten focos diante, perde as formas e vense arriba, facendo o que mellor sabe facer: mentir, e botar aos demais a culpa da súa propia incompetencia. Neste caso, o asunto agrávase polo contexto escollido, a presentación da primeira Festa do Albariño de Interese Internacional. 
Ante o cúmulo de falsidades alí vertidas, o BNG quere puntualizar o seguinte: 
- O anterior Concelleiro de Cultura, Víctor Caamaño, cesou no cargo o 14 de xuño. A esa data estaban pechados todos os concertos da Praza de Fefiñáns de mércores, xoves, venres e domingo, ao igual que todas as verbenas da Praza do Concello, e os fogos de artificio. Todos os correspondentes contratos están arquivados no despacho da Interventora Municipal, podendo consultarse seguindo o procedemento correspondente (que non é realizar rexistros non autorizados por propia iniciativa, como xa ten pasado neste Concello). 
- As actuacións pendentes de contrato eran o concerto do sábado (para a Praza de Fefiñáns) e as alboradas a cargo dos grupos locais de música tradicional. Este era o gran traballo pendente que desborda as capacidades do aprendiz de Tenente Alcalde. 
- Agardamos que, na contratación destes grupos locais (Volandeira, Con de Xido, Xironsa, Xeitosiños e Carballeiras), Tino Cordal evite repetir as patéticas faltas de respecto e regateo dos que fixo gala hai catro anos. 
- Ante a súa patente preocupación polas cuestións económicas, recomendamos tamén que dea difusión tamén as dietas cobradas por el por asistencia a órganos de goberno e comisións, supoñendo varios centos de euros cada mes. 

- A presentación do Albariño de hoxe representa un bo exemplo das solidez das pontes que o goberno municipal, en minoría, pretende tender ao BNG para acadar unha maioría estable, supoñendo unha nova oportunidade perdida para alcanzar o goberno serio e funcional que o municipio precisa. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.