Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de julio de 2019

DESVELADA A INCÓGNITA DOS CONCERTOS DO SÁBADO DO ALBARIÑO




O Concello de Cambados presentou esta mañá a LXVII Festa do Albariño que se celebra do 31 de xullo ao 4 de agosto.
O goberno bipartito de Cambados presentou esta mañá a programación completa da Festa do Albariño que este ano será por primeira vez de Interese Turístico Internacional e que dará comezo co pregón a cargo do músico Salvador Cores "Manso" e rematará co tradicional espectáculo pirotécnico.
O tenente de alcalde, Tino Cordal, criticou a falta de traballo dos anteriores concelleiros, Jose Ramón Abal e Víctor Caamaño. responsables nas áreas de Seguridade e Limpeza e Cultura, respectivamente, e lamentou que o novo goberno tivera que organizar a festa en poucos días como hai catro anos.
A cuestión máis complicada, sinalou Tino Cordal, foi atopar, a estas alturas, un concerto grande para o sábado do Albariño.
Así pois, o goberno local desvelou os artistas elexidos para os concertos do Albariño que se celebran na Praza de Fefiñáns, todos eles con entrada gratuita.
O mércores 31 de xullo actuarán Treixadura, o xoves día 1 será Christina Rosenvinge, o venres día 2 Luz Casal porá a música, e xa o sábado día 3 haberá varios concertos a cargo de Los Pablos, Siniestro Total e La Mala Rodríguez.
Ademáis, non faltarán as actuacións da Banda de Música de Castrelo, alboradas, verbenas e discoteca a cargo da Duendeneta.
A alcaldesa, Fátima Abal, sinalou que se reforzará a seguridade coa solicitude de reforzo policial, e a limpeza diaria coa contratación de máis empregados de limpeza. Ademáis, se instalará unha zona de sombreado para os Food Trucks e tamén se ubicará de novo un Punto Morado.
O Xantar do Albariño seguirá sendo solidario, nesta ocasión co clube Xuventud Cambados, e como novidade, suprimirase o pregón para non alongar demasiado a cita na que tamén se fan entrega dos premios aos viños gañadores e a Folla de Ouro a Takekazu Asaka, o escritor xaponés que tamén recibiu este ano o Premio Cabanillas.
En canto o que corresponde ao Consello Regulador, nesta LXVII edición, se habilitarán no Paseo da Calzada 42 casetas para as 44 adegas participantes que estarán abertas ata as 3 horas da madrugada. Repartiránse 36.000 cataviños que nesta edición, como novidadade por motivos de seguridade, non se repartirán cordeis para colgar as copas co fin de evitar feridas.
Ademáis, nas casetas, non so se despacharán viños Albariño, sinon que tamén se poderán adquirir botellas de calquer viño amparado pola D.O. Rías Baixas.
Tamén haberá as tradicionais catas e o Tunel do Viño onde se poderán degustar os 146 viños das 55 adegas que participan.
Os detalles desvelábanse hoxe nunha rolda de prensa coa presencia da alcaldesa, Fátima Abal, o tenente de alcalde Tino Cordal e o Vicepresidente do Consello Regulador da D.O Rías Baixas, Julio Reboredo.

Info e imaxe principal: Arousa Sí Radio Salnés


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.