Dúas persoas resultaron feridas esta mañá nun incendio causado por unha deflagración nun silo situado no exterior dunha fábrica en Ribadumia. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a explosión produciuse cando varios operarios baleiraban o depósito, no que se almacenaba labra.
Os feitos tiveron lugar na rúa Alfonsín, á altura do número 5.
Varias persoas particulares alertaron dos feitos ao 112 Galicia uns minutos despois das 11:00 horas. Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia requiriron a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil e dos Bombeiros de Ribadumia.
Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, os servizos de emerxencia remataron as tarefas de extinción do lume ás 12:40 horas. Por outra banda, as dúas persoas feridas foron evacuadas ao Hospital Povisa.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.