Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de junio de 2019

RAMÓN CABANILLAS DO A AO Z SERÁ PRESENTADO EN TORRADO O VENRES



O vindeiro venres 14 nos Xardíns do Pazo de Torrado, presentación do libro "RAMÓN CABANILLAS DO A AO Z", libro cambadés onde os haxa....


As palabras esenciais e fondas de Ramón Cabanillas, un dos nosos poetas máis polifacéticos, son testemuñas da historia e dos soños; fálannos dun tempo de mudanzas e de loita pola identidade e polos dereitos básicos. Pero tamén lembran as raíces na aldea e no mar, a paisaxe de Cambados, as lendas artúricas, os grandes temas clásicos, o Alén...

 Ramón Caride (Cea, Ourense, 1957) é autor dunha extensa obra literaria. Desde o poemario “Paisaxe de verde chuvia” (1986) publicou ducias de títulos de moi variados xéneros. A súa narrativa conta con obras tan destacadas como “Soños eléctricos” (Xerais, 1992), Premio Blanco-Amor; “Sarou” (Premio Café Dublín 1997), recollida no volume recompilatorio “Sarou / Louzós” (Xerais, 2012); “O frío azul” (Premio Lueiro Rey 2007, Premio Templis 2012 na versión española); “O sangue dos camiños” (Xerais, 2014), Premio Risco de Literatura Fantástica; ou os libros de relatos “Flash-Black 13” (2014), “Exogamia 0.3” (Xerais, 2011), “Endogamia 0.2” (Xerais, 2013), “Dedre” (Xerais, 2004) ou “Liquidación de existencias” (Xerais 2016). O volume antolóxico “As máscaras de Cronos” (Xerais, 2006), “A chuvia humana” (2011), e “Criptografías” (2009) son as súas últimas entregas poéticas. Na súa produción xuvenil destaca a serie das aventuras de Said e Sheila (Xerais), ilustrada por Miguelanxo Prado, moi reeditada e traducida a distintos idiomas: “Perigo Vexetal” (Premio Merlín 1995), “Ameaza na Antártida” (1997), “O futuro roubado” (1999), “A negrura do mar” (2006), Premio Frei Martín Sarmiento 2006 e “O camiño da Estadea” (Xerais 2016). Dentro da súa produción infantil publicou en Xerais, “Andanzas de Xan Farrapeiro” (2009), “A pomba dona Paz” (2012), “Catro amigos pillabáns” (2012), “O capitán Aspanitas e o misterio das Burgas” (2013) e “As viaxes de Ruki” (2014).



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.