Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de junio de 2019

O BNG NON ASISTIRÁ A REUNIÓN BILATERAL QUE QUERE O PSOE



COMUNICADO DO CONSELLO LOCAL DO BNG
O Consello Local de Cambados do BNG reunido no día de onte, co obxecto de facer un seguimento da situación política aberta no noso concello despois das eleccións municipais quere dar a coñecer aos veciños e veciñas do noso concello o seguinte posicionamento.
1.- O BNG reafírmase en que nin por activa nin por pasiva favorecerá a volta do Partido Popular ao goberno de Cambados.
2.- Os resultados definitivos das eleccións celebradas o día 26 de maio abren a posibilidade de que Cambados conte, nos vindeiros catro anos, cun goberno de esquerdas e nacionalista que avance nas políticas postas en marcha no pasado mandato e profunde na iniciada democratización da vida municipal despois de decenios de gobernos da dereita.
3.- O BNG mostra a súa total disposición a iniciar de inmediato as reunións de negociación que sexan precisas entre aquelas organizacións que, con representación no noso concello, poidan coa súa suma garantir a formación dese goberno en base a un programa común de mínimos.
4.- O BNG non quere agachar a súa preocupación diante da para nós inexplicábel actitude por parte da forza máis votada, que en vez de convocar a primeira reunión de negociación quere manter unhas conversas bilaterais que non conducen a nada e que de celebrarse só servirían para  retrasar a creación do goberno plural que os cambadeses e cambadesas queren. O BNG non asistirá a ese tipo de reunións.
5.- O BNG, tendo en conta a experiencia do proceso de conformación do goberno hai catro anos e da experiencia de goberno deste pasado mandato, quere manifestar que non está disposto a ser cómplice de estratexias que sirvan para ralentizar a formación do goberno municipal ou para intoxicar ou tensionar a vida municipal.

6.- A Asemblea Local do BNG será a que teña a última palabra sobre a nosa función nos vindeiros catro anos. Como acordou na súa última reunión e xa dixemos, mostramos a total disposición a sumar nun goberno municipal que actúe con lealdade co obxectivo de que Cambados avance, pois temos ideas claras para o noso concello e unha práctica política e de xestión contrastada; pero de repetirse actitudes pasadas ou manterse a situación de parálise actual, non teríamos problema en traballar polos veciños e veciñas de Cambados desde a oposición.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.