Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de junio de 2019

CELIA CASTRO, DOBLE CAMPIONA GALEGA DE 500 m. AO AIRE LIBRE



Onte sábado, no Campionato Galego ao aire libre sub14 celebrado en Lugo, a atleta cambadesa do C. Atletismo Cambados, Celia Castro volveu a proclamarse Campiona Galega de 500m revalidando o título que logrou o ano pasado en pista ao  aire libre.


Celia Castro gañou o titulo cunha marca de 1:25:31confírmandose como a gran dominadora nesa distancia, sacandolle a 2a clasificada máis de un segundo de vantaxe.
Celia Castro tamén compiteu na proba de 150m acadando a 7a praza cunha marca de 21:13.
Ademais de Celia Castro tamen participaron no Cpto. Galego os seguintes atletas do Clube cambadés Seguros Noval:
◾Candela Fernandez, que logrou un meritorio 5° posto na mesma proba de 500m.
◾Maytreya Oubiña na proba de 80m masculinos logrando a 8a praza cunha marca de 10.62 e tamén na proba de 150m acadando a 7a praza cunha marca de 19.92.
◾O equipo de relevos 4x80m formado por Celia Castro, Candela Fernandez, Paula Diz e Carla Riveiro acadando a 12a praza cunha marca de 47.81.














No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.