A asamblea de Somos Cambados, reunida para avaliar a situación política na nosa vila tralas eleccións municipais celebradas o 26 de maio, acorda, por UNANIMIDADE dos 43 membros participantes nesta asamblea:
1º.- Agradecer aos veciños e veciñas de Cambados o apoio recibido e valorar moi positivamente o resultado electoral de Somos Cambados, ao incrementar nun 50 % a nosa representación no concello e situarnos como a segunda forza politica no conxunto do voto urbano.
2º.- Instar a PSOE e BNG a aproveitar a oportunidade histórica que ofrecen os resultados destas eleccións municipais, nos que por primeira vez desde o ano 1983 as candidaturas progresistas cambadesas acadan a maioría absoluta, e emprazar a estas forzas políticas a sentarse a negociar canto antes a formación dun goberno municipal forte e estable, que sexa o reflexo da vontade dos nosos veciños e veciñas expresada nas urnas o pasado 26 de maio.
3º.- Instar ás demais forzas progresistas a non utilizar os intereses de Cambados como moeda de cambio doutras negociacións en instancias municipais, provinciais ou autonómicas; nin supeditar a formación do goberno municipal de Cambados a intereses partidistas sobre cálculos dunha futura rendabilidade electoral. Somos Cambados ten claro que a formación dun goberno municipal debe estar guiada única e exclusivamente polos intereses dos veciños e veciñas de Cambados.
4º.- Acordar que a única e irrenunciable esixencia de Somos Cambados para votar favorablemente a investidura da candidata da forza progresista con maior representación no Pleno municipal será a existencia dun Pacto de Goberno pechado e asinado.
1 comentario:
Felicitación a los compañeros y votantes de las fuerzas progresistas de Cambados. Desearos suerte y acierto en un buen pacto de Gobierno en beneficio de todo el Concello. Felicitación y abrazos para vuestra alcaldesa pues sabemos que tanto traballó y se esforzó por el bien de todos.
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.