Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de mayo de 2019

CONCURSO DE CARTEIS DA FESTA DO ALBARIÑO 2019


Neste ano 2019 a Festa do Viño Albariño encontrarase na súa LXVII edición e será por primeira vez considerada como Festa de Interese Internacional. Desde a Concellaría de Cultura do Concello de Cambados tentouse recuperar desde o primeiro momento deste mandato o histórico concurso de carteis que viña definindo e divulgando a  imaxe da festa por todo o mundo. Foi ademais unha forma de recuperar un aspecto importante deste evento como é a participación cidadá na creación da imaxe da festa. Así cada ano se presentan a este concurso unha media de 100 propostas maioritariamente de novos deseñadores, tanto procedentes do noso concello como de diferentes puntos do Estado. Estes últimos catro anos puidemos ver diferentes e variadas mostras  do que a xente interpreta e define como a gran festa do viño galego máis significativo e que mellor describe a nosa comarca.

De novo o concelleiro de Cultura, Víctor Caamaño, presenta esta edición do concurso de carteis que promocionará a festa do ano 2019 co aliciente de que deste concurso sairá  o cartel da primeira Festa do Albariño coa catalogación de Festa de Interese Internacional.




Adxuntos


bases festa albariño 2019 (2 MB)


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.