Esta mañá inaugurouse a X edición da Feira Nacional do Viño (Fenavin), en Cidade Real, que conta coa presenza ás 44 empresas coexpositoras galegas que participan nesta feira da man da Consellería do Medio Rural e dos consellos reguladores dos viños, augardentes e licores tradicionais de Galicia.
Estas empresas están ubicadas nun posto de 335 metros cadrados da consellería, identificadas cada unha delas coa súa correspondente denominación de orixe. Así, das 44 empresas, 25 pertencen á DO Rías Baixas, 9 ao Ribeiro, 6 á Ribeira Sacra e 4 á Valdeorras.
Ademais, e como novidade, este ano Galicia presenta un túnel do viño onde os visitantes poderán degustar os viños, licores e augardentes gañadores dos acios e potes de Galicia nas catas de 2018, incluídos os caldos da DO Monterrei. En total, neste túnel estarán expostas 144 referencias.
A Feira Nacional do Viño celebra a súa X edición coa previsión de acadar máis de 7.013 reunións. Este ano acreditáronse algo máis de 19.000 compradores, dos que case 14.000 son nacionais, uns 3.000 internacionais e 2.000 profesionais do viño en xeral. Ademais, rexistráronse algo máis de 3.000 expositores, aínda que no conxunto da feira estarán presentes máis de 25.500 persoas e preto de 2.000 adegas. Este ano maximízase o espazo expositivo, con ata 33.346 metros cadrados, é dicir, un 7% máis que na pasada edición e dous novos pavillóns.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.