Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de mayo de 2019

AMPLO DISPOSTIVO DE RESCATE NO GROVE


Cerca das 12 da noite de onte o  Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia dun novo suceso. Neste caso, tamén un particular, chamou ao 112 para alertar de que catro persoas se botaran a auga na ría do Grove, concretamente, na parroquia pontevedresa de San Martiño.
A partir de aí, o persoal do 112 Galicia pasou aviso de inmediato a Salvamento Marítimo, que mobilizou o helicóptero Pesca 1 e unha embarcación para a procura das persoas. Do mesmo xeito, informou dos feitos ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos servizos sanitarios de urxencia, así como, solicitouse a colaboración dos axentes da Garda Civil, da Policía Local e a dos membros do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade.

Unha vez mobilizados os medios, media hora despois, o alertante comunicou ao 112 que as persoas saíran polos seus propios medios da auga, polo que tras comunicar a nova a Salvamento Marítimo, anuláronse os medios de rescate.

Finalmente, a Garda Civil confirmou aos xestores de emerxencias que as persoas estaban a salvo e descartaron a asistencia sanitaria.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.