Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de abril de 2019

CUARTA ANDAINA DE GALICIAME


A asociación GaliciAME convoca a cuarta edición da súa andaina familiar, coa que recada diñeiro para a investigación médica da atrofia muscular espinal. A contía das doazóns é voluntaria, e fanas os participantes na camiñada. Os padriños desta edición serán o presentador Xosé Ramón Gayoso, e a modelo e actriz Diana Nogueira, moi coñecidos ambos polo programa Luar. A andaina é o 9 de xuño (domingo), e organízana entre GaliciAME e a asociación Xironsa. A saída é ás 11.30 horas, desde o punto de control que as mariscadoras teñen en San Tomé, e está previsto que os participantes cheguen ao campo da Seca, en Corvillón, sobre as 12.30 horas. O percorrido é de catro quilómetros, e a dificultade é baixa, polo que se pode facer con nenos. Será en Corvillón onde teña lugar o groso da festa. Todos os participantes xantarán xuntos -cada un ten que levar a súa comida- e haberá actuacións musicais de Peter Punk, que toca a partir das 15.00 horas, e do grupo Onte e Hoxe, que o fará desde as sete. Así mesmo, os nenos poderán gozar de xogos tradicionais, carreiras de sacos, pintacaras ou colchóns. A festa complétase coa exposición e venda de produtos artesanais, e cun concurso de sobremesas, con premios para as tres mellores preparacións. Hai que anotarse tanto para este concurso como para a andaina.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.