Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de marzo de 2019

ZONA CENTRO ORGANIZA DUAS CAMPAÑAS NESTE MES DE MARZO


As duas iniciativas contan co apoio e colaboración do Concello de Cambados.
A primeira destas campañas de Cambados Zona Centro é a que lanza  polo Día do Pai que repartirá 30.000 boletos entre os seus clientes para un sorteo de 600 euros en vales de compra e un premio especial dun fin de semana en familia a Asturias, con descenso do Sella incluído. A campaña desenvolverase até o día 19.
En esta ocasión os premios serán os seguintes:
  • 600 euros en vales compra, repartidos como segue: 1 premio de 200 euros; 2 premios de 100 euros; 4 premios de 50 euros.
  • Ademais teremos un premio especial que consistirá nun fin de semana en Asturias para unha familia, na que, ademais do aloxamento, os gañadores poderán disfrutar do famoso descenso do Rio Sella.
O Sorteo da campaña realizarase o venres 22 de marzo ás 13:00 horas na sede da asociación (Rúa Nova, 4).

A segunda é Desmarket, unha inicitativa que terá lugar do 29 ao 31 de marzo no Salón José Peña, e que contará cun programa donde haberá música en directo, obradoiros e unha gran actividade a través das redes sociais, co obxectivo de dar a coñecer o comercio local, especialmente entre os novos, pero tamén aos artesáns, deseñadores e fomentar o emprendemento.
Nesta iniciativa a asociación conta coa empresa Nordelaina para a súa organización
Está promovida pola Asociación Zona Centro e o Concello e celebrarase do 29 ao 31 de marzo no Salón Peña e trata de “desmarcarse” do tradicional, de ahí o seu nome.
Trátase dun multiespazo de diferentes disciplinas de comercio, moda e deseño, que dará cabida a deseñadores e artesáns emerxentes, zona gastronómica, música en directo e obradoiros.
De momento hai 20 establecementos locais inscritos e o prazo sigue aberto.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.