Ante as pésimas condicións metereolóxicas previstas para mañán o Departamento de Cultura do Concello de Cambados decideu mudar o lugar dos actos do Martes de Entroido.
Así a partir das 17.00 horas ía celebrararse na praza Alfredo Brañas o Concurso de Disfraces nas modalidades xuvenil e adulto amenizado polos DJs Studio 21 e ás 18.30 horas ía ter lugar o Concurso de Comparsas, con premios para as tres primeiras clasificadas. Estas duas actividades pasarán a celebrarse no Salón José Peña na rúa Borrón.
En canto ao Desfile de Carrozas que tería que celebrarse o pasado sábado, trasládase definitivamente para o próximo sábado 9 no horario previsto. Sairá as 17.00 horas amenizado pola batukada Olodum do Coio e a charanga As de sempre + nós, e que partirá desde a Escalinata de San Tomé, percorrendo ao seu paso as principais rúas da vila ata culminar na praza de Fefiñáns. Sobre ás 18.30 horas realizarase a entrega de premios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.