Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de febrero de 2019

PROGRAMACIÓN DO ENTROIDO CAMBADÉS

Cambados celebrará desde o 1 ao 6 de Marzo o popular Entroido, cunha variada programación destinada ao goce de nenos e maiores.
Programa 2019: Algúns dos actos serán os seguintes: Venres 1 de Marzo, neste día a praza Alfredo Brañas acollerá ás 22.30 horas a celebración do evento A túa cara sóame, espectáculo musical que imita ao programa A túa cara sóame. Sábado 2, a partir das 16.30 horas no parque do Torrado terá lugar a Festa Infantil de Entroido, con animación e inchables. Domingo 3, Domingo de Entroido. Nesta xornada nenos e maiores poderán gozar a partir das 17.00 horas co Desfile de Carrozas, amenizado pola batukada Olodum do Coio e a charanga As de sempre + nós, que partirá desde a Escalinata de San Tomé, percorrendo ao seu paso as principais rúas da vila ata culminar na praza de Fefiñáns. Ás 18.30 horas realizarase a entrega de premios. En caso de mal tempo o desfile realizarase na xornada do martes 5 de Marzo ou o sábado 9 do citado mes. Luns 4, Luns de Entroido. A partir da 17.00 hora o Salón de Congresos e Exposicións J. Pena acollerá a celebración do Baile de Entroido Infantil. Haberá premios para os mellores disfraces. A partir das 17.30 horas comezará, no citado lugar, o Concurso de Filloas no que se outorgarán premios de 100 euros para as filloas máis saborosas e para o equipo máis rápido en elaboralas. Martes 5, Martes de Entroido. A partir das 17.00 horas celebrarase na praza Alfredo Brañas o Concurso de Disfraces nas modalidades xuvenil e adulto amenizado polos DJs Studio 21. Ás 18.30 horas terá lugar o Concurso de Comparsas, con premios para as tres primeiras clasificadas. Mércores 6, Mércores de Cinza. A partir das 18.00 horas comezará na praza do Concello a degustación de doces típicos de Entroido. Ás 19.00 horas o Entroido cambadés chegará ao seu fin coa celebración do EnterroSardiña, acto que contará coa participación da Nai abadesa Isabel Risco, as charangas Os Jaláticos e As de sempre + nós e a batukada Olodum do Coio.


BASES DOS CONCURSOS




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.