Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de febrero de 2019

A CAMBADESA CRISTINA BALBOA OFRECE A SUA PERFORMANCE MAÑÁN NO I.E.S. CABANILLAS


O IES Ramón Cabanillas de Cambados acollerá mañán mércores 20 de febreiro, ás 12:50 h, a oitava acción artística da cuarta edición do programa da Deputación de Pontevedra "Mulleres en Acción. Violencia Zero". Ao acto, que terá como protagonista á artista cambadesa Cristina Balboa

O QUE SEGUE Oxalá o soubese... Deixémolo nunha pregunta que tentarei responder de moitas maneiras ata que me dea conta de que non se pode. E entón será outra cousa. Pretende ser unha peza alucinante, un bo espectáculo, que o ves e flipas por cores. Durante os procesos véñenme á cabeza unha chea de imaxes de éxito, recollendo premios, comendo en sitios con menú degustación, ríndome e explicándolle a todo o mundo o segredo do meu éxito. Logo, no real, pretendo ser modesta. Eses soños non son malos porque me fan buscar o nunca visto, a idea perfecta. E ás veces pasa, así que hai que seguir tentándoo. Cristina Balboa (Cambados, 1979) Artista escénica e videorealizadora galega que ten como motor a presentación escénica do absurdo cotián na procura dun diálogo xeracional onde a palabra, a acción, o audiovisual e a música mestúranse na súa proposta artística. Desde 2011 dirixe a compañía Funboa Escénica, cofundada no 2011 con Paulina Funes, na que destacan as pezas Oiseau Rebelle con Paulina Funes (2011), Segue Buscando con Estevo Azañón (2013) e Sushi Gratis con Lúa Gándara (2015). No 2015 realiza o máster en Práctica Escénica e Cultura Visual pola UCLM que resultou na peza en solitario O que mellor facemos sobre o escenario. No 2018 estrea Masa nai+sae mariña co seu compañeiro Manuel Parra. Xuntos investigan en Proxecto Pank, un viveiro de propostas artísticas multidisciplinares. Para o seu próximo proxecto O que segue foi apoiada cunha "Residencia Paraíso" 2018 do colectivo RPM da Coruña.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.