Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de febrero de 2019

ALUMNOS DE COLEXIOS DA COMARCA REÚNENSE CON CARMELA SILVA


Pistoletazo de saída á terceira edición de "depoEMPRENDE na escola" nun Salón de Plenos ateigado con máis de 300 nenas e nenos da provincia

A presidenta da Deputación asistiu ao acto de entrega de NIF ás cooperativas participantes de 9 centros de educación primaria e educación especial pertencentes a 7 concellos.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto a deputada provincial, Montse Magallanes, participou está mañá no acto de entrega de NIF ás cooperativas participantes dos centros de educación primaria e educación especial seleccionados para participar na terceira edición do programa "depoEMPRENDE na escola", nas que participan 330 nenas e nenos de sete concellos da provincia que hoxe encheron o Salón de Plenos da institución. "Non podo sentirme máis emocionada e orgullosa de todas e todos vós porque os traballos que desenvolvedes neste proxecto son espectaculares, canta intelixencia hai na nosa provincia e ademais en igualdade, todas e todos coas mesmas oportunidades", dixo a presidenta provincial.
Neste eido, Silva animou ás nenas a que nun futuro "sexades alcaldesas, presidentas, directoras de empresas, e todo aquilo co que soñedes, porque xa sabedes que as mulleres somos máis da metade da poboación" e engadiu que "eu son a primeira muller presidenta dunha deputación en 40 anos de democracia, este dato non é normal e por iso vos animo, porque temos que gobernar e estar presentes". A presidenta da institución provincial rematou agradecendo ás mestras e mestres dos centros educativos "porque traballan arreo con todos e con todas vós para que a aprendizaxe sexa integral e así poidades afrontar o futuro con todas as garantías".
Durante o acto, que se desenvolveu en dúas quendas, o alumnado participante realizou a presentación de cada cooperativa e posteriormente fíxose entrega de NIF a cada unha delas por parte da Deputación de Pontevedra. Máis polo miúdo, ás 10 da mañá asistiron un total de 157 persoas, entre alumnado e docentes, dos centros de educación primaria CEIP As Bizocas (O Grove), CEIP García Barbón (Vigo), CPI Julia Becerra Malvar (Ribadumia) e CEIP Santo André de Xeve (Pontevedra). Por outra banda, a partir das 11:30 horas foi a quenda de 173 persoas dos centros de educación especial CEE Pontevedra (Pontevedra), CEP Antonio Magariños Pastoriza (Cambados), CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro (Cambados), CEIP Plurilingüe nº1 de Tui (Tui) e CEE Vilagarcía de Arousa (Vilagarcía de Arousa). Neste eido, mañá mércores tamén terá lugar o acto de entrega de NIF aos participantes no programa depoEMPRENDE na ESO, ao que asistirán ao redor de 100 persoas dos 7 centros participantes.
O programa depoEMPRENDE para escolares componse de tres categorías: depoEMPRENDE na escola para alumnado de primaria e educación especial, depoEMPRENDE na ESO para alumnado de secundaria e depoEMPRENDE na FP. Na edición deste ano de depoEMPRENDE para escolares participan un total de 22 centros educativos: 9 de primaria e especial, 7 da ESO e 6 de formación profesional, pertencentes a un total de 14 concellos diferentes da provincia. O alumnado total que forma parte este ano da iniciativa é de máis de 550 alumnos, e pola banda do persoal docente, están implicados preto de 60 profesoras e profesores.
En concreto, en depoEMPRENDE na escola, dirixido a educación primaria e educación especial, participan preto de 330 alumnas e alumnos de 9 centros educativos. Trátase do CEE Príncipe Felipe (Pontevedra), CEP Antonio Magariños Pastoriza (Cambados), CEIP As Bizocas (O Grove), CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro (Cambados), CEIP García Barbón (Vigo), CEIP Plurilingüe Nº 1 de Tui, CPI Julia Becerra Malvar (Ribadumia), CEE Vilagarcía de Arousa e CEIP Santo André de Xeve (Pontevedra). O obxectivo do programa neste etapa é crear e xestionar unha cooperativa para fabricar un produto concreto.

No que respecta a depoEMPRENDE na ESO, neste curso participan preto de 100 alumnas e alumnos de 7 centros educativos. Son o IES Plurilingüe A Paralaia (Moaña), IES de Rodeira (Cangas), IES Luís Seoane (Pontevedra), IES Illa de San Simón (Redondela), IES Illa de Ons (Bueu), IES Indalecio Pérez Tizón (Tui) e IES de Meaño. A finalidade neste programa é poder crear cooperativas de comercio exterior e estudar iniciativa emprendedora.
E, por último, máis de 130 estudantes de Formación Profesional, pertencentes a 6 centros da provincia, toman parte este ano en DepoEmprende na FP. En concreto, trátase do IES de Rodeira (Cangas), CIFP Carlos Oroza (Pontevedra), Asociación EFA A Cancela (As Neves), IES Terra do Turonio (Gondomar), CFEA Lourizán (Pontevedra) e CPR San Miguel (Vigo). O obxectivo de depoEMPRENDE para escolares de FP é crear proxectos empresarios concretos.
Este programa impulsado pola Deputación ten acadado un notable éxito nos tres cursos que se vén aplicando, sendo o curso pasado o da súa consolidación. No curso 2017-2018 participaron nas tres categorías un total de 549 alumnas e alumnos de 21 centros educativos da provincia: 404 en depoEMPRENDE na Escola, 36 en depoEMPRENDE na ESO e 109 en depoEMPRENDE na FP.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.