Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de febrero de 2019

AGRADECEMENTO DE SOS SANIDADE PÚBLICA POLA PARTICIPACIÓN NA MANIFESTACIÓN PARA DEFENDER O QUE É A “NOSA” SANIDADE PÚBLICA, A DE TODOS

 Mani 10F foto 2

Estimados amigos e amigas, o pasado domingo día 10 de febreiro do 2019, a Manifestación en defensa da sanidade pública, convocada pola Plataforma SOS na que participaron miles de persoas, volveu evidenciar o enorme rexeitamento que suscita a política de recortes, desmantelamento e privatización do sistema sanitario público galego,  perpetrado polo goberno da Xunta presidido por Feijoo.
Nesta gran mobilización, organizada pola Plataforma SOS Sanidade Pública, colaboraron activamente colectivos sociais, profesionais, políticos, sindicais ou/e institucionais como os gobernos de numerosos concellos. Sen este apoio non seria posible  chegar a tanta xente de toda Galicia.
Toda a sanidade pública está en rebelión contra a política de Feijoo: Traballadores dos PACs (en Pe de Guerra),  membros das Asembleas de Atención Primaria, colectivos de profesionais sanitarios en precariedade laboral,  Xuntas de Persoal, colectivos en folga como os das urxencias do Hospital de Santiago ou das ambulancias, organizacións de enfermos, ONG, Asociacións profesionais como as  de Medicina Familiar, etc. Na rebelión teñen especial protagonismo as numerosas plataformas xa constituídas,  especialmente as das áreas suprimidas pola reforma da  Lei  Galega de  Saúde.
IMG_20190210_123632
Esta gran alianza social e profesional (que se mantivo e amplía no tempo), é a garantía da supervivencia do sistema sanitario público. Pero e necesario axuntar máis forzas para facer fronte aos lobbys empresariais, os fondos de investimento, as multinacionais farmacéuticas e tecnolóxicas, bancos, construtoras, etc., que pretenden apoderarse dos recursos económicos destinamos a garantir a saúde da poboación.
IMG_20190210_133646.jpg
A necesidade de mobilizarse para salvar o sistema é unha idea que gaña espazo entre a poboación e os sanitarios, que é necesario consolidar. 
Aínda que tivemos o éxito de poñer na axenda política e na opinión pública os riscos que afectan á sanidade pública e a necesidade de loitar unidos para mantela e mellorala (a pesar das lóxicas diferenzas de todolos sectores implicados), Galicia segue gobernada por un partido que pretende a súa privatización. Ou conseguimos que este salga do poder ou só poderemos aspirar a frear as medidas máis lesivas. Para recuperar todo o recortado e privatizado  é necesario gobernos progresistas que conten con un gran respaldo social e profesional.
Na manifestación quedou claro o interese e a unanimidade de todos por manter o apoio e colaboración das Plataformas con todos os sectores en loita, por mellorar, recuperar  e defender  a sanidade, cada vez máis activos e numerosos.
Grazas a todos desde a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia.
Manuel Martin
Voceiro
Captura de pantalla 2018-02-13 a las 18.44.06


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.