Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de noviembre de 2018

VIÑOS DO SALNÉS PREMIADOS POLA REVISTA HG&T



As adegas de la D.O. Rías Baixas serán as primeiras en recibir as medallas individualizadas que as acrediten como triunfadoras das catas HGg&T entre 2013 e 2017, cun acto que tivo lugar este luns 19 de novembro nas instalacións do C.R.D.O. Rías Baixas.

Un total de 33 bodegas están convocadas a esta entrega de diplomas que certifican que obtiveron algunha medalla de ouro ou prata nas catas celebradas neste quinquenio, demostrando que seguiron apostando pola calidade nun período de plena crise. 

Este luns as adegas da D.O. Rías Baixas abriron o calendario de entrega de medallas individualizadas que as acreditan como triunfadoras das catas HGg&T entre 2013 e 2017, nun concurrido acto que se desenvolveu nas instalación do propio consello regulador. 

O acto estivo presidido polo secretario xeral da D.O. Rías Baixas, Ramón Huidobro, pola coordinadora xeral de HGg&T, María Campos e polo seu director-fundador, Guillermo Campos, que aproveitou a ocasión para reivindicar a validez dunhas catas nas que o xurado sempre estivo formado maioritariamente por técnicos especialistas de reconocida solvencia. 

E precisamente foron os representantes destes corpos técnicos os encargados de entregarlle os seus diplomas acreditativos ás 33 bodegas que obtiveron medallas de ouro ou prata entre 2013 e 2017, demostrando que mantiñan altos niveles de calidade en tempos de crise. 

Pedro Villamarín, presidente da Asociación de Sumilleres de Galicia (AGASU), Pablo Estévez, secretario da Asociación Galega de Enólogos (AGE) e Victoriano Castro, director comercial da revista, recoñeceron a labor de adegas como Señorío de Rubiós, con 7 ouros e 1 prata, Altos de Torona, con 6 ouros e 1 prata ou Martín Códax, con 6 ouros. A lista completa de adegas premiadas pode consultarse a continuación.



Abadía de Tortoreos
1 PRATA
Adegas Arousa
1 PRATA
Santiago Roma
1 PRATA
Grupo Reboreda Morgadío
1 PRATA
Maior de Mendoza
1 PRATA
Quinta Couselo
1 PRATA
Bodegas Aldea de Abaixo
2 PRATA
Bodegas as Laxas
2 PRATA
Bodegas Marqués de Vizhoja
2 PRATA
Bodegas Pablo Padín
2 PRATA
Santiago Ruiz
2 PRATA
Adega Gran Vinum 
1 OURO
Adega Tollodouro
1 OURO
Adegas Valmiñor 
1 OURO
Agnus Dei
1 OURO
Lagar de Cervera
1 OURO
Lagar de Costa
1 OURO
Pazo Pondal 
2 OUROS
Pazo de Galegos 
3 OUROS
Bodeas Martín Códax
7 OUROS
Adegas Galegas
1 OU + 1 PRA
Agro de Bazán
1 OU + 1 PRA
Bodegas Enoturismo Acha
1 OU + 1 PRA
Bodegas Forjas do Salnés
1 OU + 1 PRA
Bodegas Viña Nora
1 OU + 1 PRA
Mar de Frades
1 OU + 1 PRA
Pazo de Señoráns
1 OU + 2 PRA
Adega Laureatus
1 OU + 3 PRA
Adegas Valtea
1 OU + 3 PRA
Bodegas Altos de Torona
6 OU + 1 PRA
Bodega Señorío de Rubiós
7 OU + 1 PRA






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.