Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de noviembre de 2018

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA É A ADMINISTRACIÓN PROVINCIAL DE TODO O ESTADO QUE MÁIS RECURSOS TRANSFIRE DIRECTAMENTE AOS CONCELLOS


A deputación de Pontevedra é a administración provincial de todo o estado que máis recursos transfire directamente aos concellos

Segundo datos do Ministerio de Facenda, sendo aínda ministro Montoro, a Deputación de Pontevedra destina o 28,6% do seu orzamento aos concellos mentres a media estatal se sitúa no 0,9%.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer esta mañá datos do Ministerio de Facenda que poñen en evidencia que a institución pontevedresa é a administración provincial de todo o Estado que máis recursos transfire directamente aos concellos. En concreto, o 28,6% do orzamento da Deputación de Pontevedra son transferencias directas aos concellos mentres que a media do Estado sitúase no 0,9%. "E estes son os datos oficiais, os verdadeiros, os reais e non os queixiños que ensina o PP que son mentira, que se corresponden con datos manipulados", asegurou Silva.
Segundo as cifras que manexa o Ministerio de  Facenda, recollidas sendo aínda ministro Montoro, mentres a Deputación de Pontevedra transfire o 28,6% do seu orzamento aos concellos a de Ourense, por exemplo, soamente o 0,06%. "Os datos son escandalosos, ¿algún deputado do PP ten algo que dicir?", manifestou a presidenta.
Silva tamén comparou o nivel de transferencia da Deputación de Pontevedra con outras deputacións españolas gobernadas polo PP. "Somos xente rigorosa, e se temos en conta outras deputacións de España gobernadas polo PP os datos seguen a ser escandalosos: a de Valladolid transfire 14,5 puntos menos que a de Pontevedra, Zamora 22,45 menos ca nós, e moito máis por debaixo sitúanse as deputacións de Málaga, Segovia, Almería, León, Cuenca, Ourense e Guadalajara", asegurou a presidenta.  "Somos polo tanto a administración máis democrática, a que máis transferencias fai directamente aos concellos mentres, pola contra, as do PP son as que fan menos transferencias con criterios obxectivos aos concellos".
Máis polo miúdo, a presidenta da Deputación resumiu os fondos que o organismo provincial achegou aos concellos entre os anos 2016 e 2019 correspondentes aos plans Concellos, PICEI, DepoRemse e de Reequilibrio. Ao longo deste tempo os concellos gobernados polo PP recibiron o 41,9% dos recursos, os gobernados polo PSdeG o 29,9%, polo BNG o 15,3% e por grupos políticos independentes o 12,9%.  "Nestes anos e tendo en conta soamente estes plans os concellos gobernados polo PP recibiron 81,3 millóns de euros, os gobernados polo PSdeG 58 millóns, polo BNG 29,6 e por independentes 24,9 millóns de euros, aos que hai que engadir outros 300 millóns de euros de recursos que recibiron os concellos ao longo da lexislatura".
Neste eido, a presidenta da Deputación  enxalzou o respecto á autonomía local do goberno provincial. "Esta é a verdadeira democracia en estado puro, que os recursos se transfiran aos concellos respectando a súa autonomía, para que poidan desenvolver o que decidan".



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.