Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de octubre de 2018

Volven as Gangas de Curros Enriquez este sábado en Cambados



- As Gangas de Curros Enríquez levaran a rúa as ofertas dos comercios desa zona toda a xornada do sábado, en caso de choiva trasladarase ao seguinte sábado.
- Participan a meirande parte dos comerciantes desta rúa emblemática do centro de Cambados, e novos comercios de outras rúas que mostraron interese en participar nesta iniciativas.
Os Comerciantes da Rúa Curros Enríquez volveran a sacar as gangas a rúa durante toda a xornada deste sábado 13 de outubro tralo éxito das xornadas celebradas este verán, dende ás 10:00h da maña, ás 21:00h en horario ininterrompido, desta maneira estase a  consolidar este evento na que os comerciantes desta rúa están a apostar fortemente e que no que pretenden poñer en valor unha das rúas máis céntricas do concello de Cambados e mostrar na rúa as ofertas e gangas para poder ser adquiridas polos veciños que queiran acercarse a Cambados.

Tratase dunha iniciativa que naceu dos propios comerciantes e que foi trasladada o concello de Cambados para poder obter os permisos pertinentes e a colaboración precisa para poder realizalo, e que dende o concello de Cambados entendemos como positiva, xa que este tipo de iniciativas poñen en valor o pequeno comercio de Cambados, onde participan a meirande parte dos comerciantes desta rúa emblemática do centro de Cambados, xa que desta maneira non só se busca poñer en valor o comercio local se non unha das rúas máis céntricas da Capital do Albariño.

Os comerciantes organizadores do evento volven a organizar esta actividade este sábado na ponte do Pilar, xa que habitualmente se celebra ó primeiro fin de semana de cada mes, data que queren manter en futuras edicións, motivo polo que invitan a tódolos veciños de Cambados a que se pasen por esta céntrica rúa e poidan adquirir os seus produtos en oferta e con gangas que se van vender este sábado na Rúa Curros Enríquez.

O éxito das edicións celebradas ata o de agora, esta a levar a querer participar nas Gangas de Curros Enríquez mesmo a comerciantes que teñen os seus negocios noutras rúas do casco histórico de Cambados, como é o caso da Xoguetería Colorín Colorado da Rúa Pontevedra, xa que moitos veciños e visitantes están a participar nestas actividades, atraídos principalmente polos grandes descontos dos produtos en oferta e as gangas que se poñen a venda nesta rúa.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.