Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de octubre de 2018

SETE CONCELLOS DO SALNÉS ACOLLEN ACCIÓNS FORMATIVAS DO PROGRAMA DA DEPUTACIÓN, CONECTADAS


32 concellos da provincia acollen esta semana novas accións formativas do programa "Conectadas 2018"

Preto de 1.000 mulleres e homes participan dende esta semana no programa da Deputación dirixido á promoción da igualdade
Ao longo desta semana preto de 1.000 mulleres e homes de 32 concellos da provincia comezan os cursos do programa "Conectadas 2018", unha das iniciativas da Deputación de Pontevedra encamiñadas á promoción e desenvolvemento da igualdade.

No Salnésen Vilagarcía serán 24 persoas da Asociación de Mulleres Rurais de Fontecarmoa as que participen nun obradoiro de Pilates, que será os luns e os mércores, de 19:00 a 20:00 horas. Tamén en Vilagarcía haberá outras dúas actividades: unha será na Asociación Veciñal Agustín Romero de Cornazo, onde 15 persoas farán pintura, todos os xoves de 17:00 a 20:00 horas; e outro obradoiro de Alfabetización Dixital II será na Asociación Cultural Xeada, os martes de 16:30 a 19:30, onde asistirán 17 persoas. En Vilanova vanse desenvolver cinco accións formativas. 17 persoas da Asociación de Mulleres Rurais Aceñas de Baión farán Ioga todos os luns e xoves de 20:00 a 21:30 horas. Na Asocaciación de Mulleres Rurais O Campanario haberá Iniciación ao Scrapbooking, todos os luns de 19:00 a 22:00 horas, para o que están anotadas 15 persoas. Outras 15 persoas da Asociación de Mulleres Rurais O Mouriño traballarán na Conservación de Alimentos e Conservas Artesanais, todos os luns de 19:00 a 22:30 horas. Relaxación e Manexo do Estrés será a actividade que vai desenvolver a Asociación de Mulleres Rurais e Amas de Casa Citania de Baión, os venres de 19:30 a 22:30 horas, no que están inscritas 17 persoas. O mesmo número de inscricións ten o obradoiro de Cociña, Alimentación e Hábitos Saudables da Asociación de Mulleres Rurais Lolita Trigo, que será os xoves de 19:30 a 22:30 horas.
En Cambados, a Asociación de Mulleres Rurais de Castrelo As Saíñas organiza un taller de Conservación de Alimentos e Conservas Artesanais, que será os martes de 19:30 a 22:00 horas, con 15 inscricións ata o momento. 23 persoas da Asociación de Amas de Casa Albariño traballarán na Alfabetización Dixital II todos os mércores de 17:30 a 19:30 horas. Tamén en Cambados, a Asociación Veciñal San Vicente organiza Cociña e Alimentación e Hábitos Saudables para os mércores, de 20:00 a 22:30 horas, para o que hai 20 persoas inscritas. No concello da Illa, a Asociación de Mulleres Rurais San Vicente ten un taller de Teatro para os martes e xoves, de 17:00 a 19:00 horas, con 15 persoas anotadas. En Meis, 15 persoas da Asociación de Mulleres Rurais O Marco de San Salvador falarán de Cociña e Alimentación e Hábitos Saudables os martes e mércores de 20:30 a 22:30 horas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.