Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de octubre de 2018

O CAMBADOS TM PERDE DE MANEIRA AXUSTADA NO POMBAL





A máxima categoría masculina do tenis de mesa español aperta a súa loita polo título tras a disputa da cuarta xornada, onde se desenvolveron catro dos seis partidos pertencentes a xornada. Os dous partidos restantes atópanse previstos para a súa disputa no próximo mes de novembro. O CERL Escala gañou no Pavillón de O Pombal ao Cambados TM, por apretado 2-4.
Un duro partido de mais de 4 horas de duración con parciais moi igualados que puideron decantar o partido para calquera lado.

Qiu Liang logrou o primeiro punto ao vencer a Kirill Shvets por 3-2.

Logo nin Fernando Padín nin Stefan Shaposhnikoy forn capaces de vencer a Sergui Grau e Diogo dos Santos (1-3 e 2-3 respectivamente). O cuarto punto e que lle dou vida aos locais consigueuno de novo Liang que venceu a Grau por 3 a 1. O quinto punto gañouno Shvets ante Stefan por 3-1 despois de que o local vencera o primeiro parcial. No sexto e definitivo xogo Padín tentouno pero sucumbeu ante Dos Santos por un xusto 2 a 3.
Con este resultado O Cambados T.M. é colista pero nada está dito nesta liga.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.