Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de octubre de 2018

EXPOSICIÓN DE JULIA HUETE EN TORRADO




Desde o 5 de outubro ao 18 de novembro o Pazo de Torrado acollerá a exposición de pinturas desta xoven ourensá.
En horario de martes a venres de 11:30 hs. a 13:30 hs. e de 17:00 hs. a 20 horas
Sábados e domingos de 17:00 hs. a 20:00 hs.

Julia Huete (Ourense, 1990): estudou Belas Artes na Facultade de Pontevedra con intercambios na Universidade de Porto (Portugal) e Guadalaxara, Jalisco (México), e Máster en Dirección de arte en Publicidade.
O seu traballo foi seleccionado en certames de arte como o Novos Valores (Pontevedra), Premio Auditorio de Galicia en Santiago, o Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo ou o da Deputación de Ourense. Expuxo de forma colectiva desde o ano 2013 en diversas exposicións en Galicia, na Kvit Gallery de Copenhagen ou Centro Centro en Madrid.

"Habitualmente traballo a abstracción no campo da pintura e o debuxo utilizando diversas técnicas desde a colaxe ata o bordado, técnicas das que me sirvo para incrementar o carácter expresivo das pezas. O meu traballo defínese por composicións sinxelas nas que cuestións como a relación de equilibrios entre pesos compositivos, a lírica formal e a poética dos materiais son medio e centro da mensaxe".



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.