A Garda Civil detivo a un veciño de Vilagarcía, como suposto autor de preto dunha vintena de roubos cometidos durante as últimas semanas en establecementos comerciais do Salnés. A raíz do considerable incremento deste tipo de roubos que se estaban producindo nesta comarca, fundamentalmente en Cambados, Meaño e Dena, a Garda Civil de Cambados activou un dispositivo especial de prevención e investigación que concluíu coa identificación do presunto autor. O autor resultou ser un veciño de Vilagarcía, J.A.V.M., de 20 anos que, ata hai pouco tempo, estivera vivindo en Cambados. Atribúeselle a autoría dun total de 17 roubos en establecementos comerciais, 10 deles en grao de tentativa: 14 en Cambados, 1 en Sanxenxo e 2 no interior de vehículos en Dena. No momento da súa detención, que foi o pasado día 8 deste mes pouco despois de cometer un roubo nunha lavandería de Dena, levaba posta unha gorra que o identificaba como autor dun dos roubos que cometera en Cambados. Nos arredores do centro urbano de Cambados tiña escondidas as ferramentas que utilizaba para perpetrar os roubos, onde tamén se puideron recuperar algúns obxectos subtraídos, entre eles dúas caixas rexistradoras, billetes de lotería e un teléfono móbil.
Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.

11 de octubre de 2018
DETIDO UN VECIÑO DE VILAGARCÍA POR ROUBOS NO SALNÉS, 14 EN CAMBADOS
A Garda Civil detivo a un veciño de Vilagarcía, como suposto autor de preto dunha vintena de roubos cometidos durante as últimas semanas en establecementos comerciais do Salnés. A raíz do considerable incremento deste tipo de roubos que se estaban producindo nesta comarca, fundamentalmente en Cambados, Meaño e Dena, a Garda Civil de Cambados activou un dispositivo especial de prevención e investigación que concluíu coa identificación do presunto autor. O autor resultou ser un veciño de Vilagarcía, J.A.V.M., de 20 anos que, ata hai pouco tempo, estivera vivindo en Cambados. Atribúeselle a autoría dun total de 17 roubos en establecementos comerciais, 10 deles en grao de tentativa: 14 en Cambados, 1 en Sanxenxo e 2 no interior de vehículos en Dena. No momento da súa detención, que foi o pasado día 8 deste mes pouco despois de cometer un roubo nunha lavandería de Dena, levaba posta unha gorra que o identificaba como autor dun dos roubos que cometera en Cambados. Nos arredores do centro urbano de Cambados tiña escondidas as ferramentas que utilizaba para perpetrar os roubos, onde tamén se puideron recuperar algúns obxectos subtraídos, entre eles dúas caixas rexistradoras, billetes de lotería e un teléfono móbil.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.