Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de octubre de 2018

A REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS CELEBRA A SÚA ASEMBLEA XERAL COA PRESENZA DO REPRESENTANTE DO CONCELLO DE CAMBADOS



A Rede Galega de Teatros e Auditorios celebra a súa asemblea xeral coa ollada posta nun novo modelo de xestión.


A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) reuniu hoxe na Cidade da Cultura de Galicia os responsables dos espazos integrados na Rede Galega de Teatros e Auditorios con motivo da asemblea xeral deste circuíto, na que –entre outros temas– se abordou a próxima posta en marcha do seu novo modelo de xestión. A avaliación técnica dos escenarios asociados levada a cabo pola Agadic e os prazos para elaborar a programación escénica e musicais do primeiro semestre de 2019, a partir das propostas artísticas que se inscriban ata este xoves 18, foron outros dos temas tratados na xuntanza.
Por parte do Concello de Cambados asisteu o Técnico en Cultura, José Bahamonde.
Na actualidade, forman parte desta rede de exhibición de espectáculos 44 escenarios de 39 localidades, que suman máis de 19.000 butacas e fan deste un dos principais circuítos para a exhibición da produción escénica galega de carácter profesional, que ao finalizar este ano 2018 terá ofrecido 600 funcións. A súa financiación é asumida entre a Xunta e as entidades xestoras dos teatros e auditorios.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.